Saltar navegación

Funcións de entrada/saída de datos: input() e print()

Cando usalas

    Sempre que nos queramos comunicar en Python coa persoa usuaria do noso programa por pantaia, usaremos a función print(imprimir).Esta función serve para mostrar por pantaia o que lle mandemos.

Cando do mesmo modo ,queramos meter datos no programa, usaremos input(entrada).

Imos ver a sintaxe de print() e input()...

Función print()

Sintaxe básica

Código Python: Sintaxe básica da función print()

print("Chámome Eva")    
  • Esa instrución imprime Chamome Eva,é dicir,o que está entrecomillado (Python recoñece tildes e eñe)
  • Sempre provoca un salto de líña
  • Outras opcións para facer un salto de líña ou tabulacións etc serían:

\n Salto de líña
\t Tabulación
\a Alarma
\” Dobles comillas
\\ Barra inclinada
...

Código Python: Probando tabulacións e saltos de liña

print( “Hola\n”)
print( “Luns\t Martes\t Mércores\t “)
print( "\a” )   
  • O fluxo de datos de saída pódese continuar,podemos poñer frases, datos,cálculos, variables... Exemplo:

                    Se num1=20 e  num2=13.7                 

Código Python: Impresión como texto ou como valor da variable

num1=20 ; num2=13.7  
print("O num1 é ", num1 ," num1*num2=", num1*num2)

                    Sairá :O num1 é 20 num1*num2=274

Fíxate que se escribo num1 entrecomillado, o compilador tómao como texto e o imprime tal cal, sen embargo, se o poño sen comillas,detéctao coma unha variable e imprime o seu valor...o mesmo ocorre coa multiplicación, sen comillas,o compilador fai efectivamente a conta e nos da o valor.

Usando format()

Unha función que vai asociada moitas veces a print() e que nos pode ser útil é format():

Código Python: Impresión usando format

num1=20
num2=13.7
print("O num1 é {} num1*num2={}".format(num1, num1*num2))

Sairá :O num1 é 20 num1*num2=274

Esta instrución terá exáctamente o mesmo resultado que a anterior. Donde se poñen as chaves, format sustitúe as variables que ten entre paréntese, na orde que se coloquen.

Usando f-strings

Podemos facer as impresións máis elegantes usando f-strings.

Código Python: Impresión usando f-strings

num1=20 ; num2=13.7
print(f"O num1 é {num1} num1*num2={num1*num2}")

Usamos f antes da cadea de texto para inserir variables directamente no texto entre {}.

O resultado é exactamente o mesmo que cos dous métodos anteriores.

Función input()

Sintaxe básica

O seu cometido é coller datos do teclado...
Exemplo:

Código Python: Sintaxe básica de input()

print("Dame un nº")
num=input()    

Con isto, o compilador colle o dato que lle metemos por teclado, e gárdao na variable num...sempre podes comprobalo imprimindo...proba!

Características:

  • input() sempre garda a entrada de teclado como texto, é preciso facer a conversión ó dato que nos interese se queremos que non sexa un texto

Código Python: Conversión do dato a número enteiro

print("Dame un nº")
num=int(input())    
  • Podemos coller varios datos seguidos                           

Código Python: Collendo varios datos

print("Dame dous nºs enteiros\n")
A=int(input())
B=int(input())    
  • Podemos non usar print, e imprimir unha frase no input(...a ver se descubres a única diferencia que pode ver a usuaria usando print ou input para imprimir a frase...)

Código Python: Imprimindo a frase no input

A=input("Dame un nº:")
print("Dame outro número:")
B=input()

A millor maneira de aprender a programar é programando!...Imos probar estas funcións e algunhas operacións aritméticas básicas.

A única diferencia, é que print sempre provoca un salto de liña

Exemplo 1:Que maior vas!

Duración:
15 minutos
Agrupamento:
Toda a clase

Realiza un programa no que se pide a idade e despós dinos XA ...nº anos....QUE MAIOR VAS!!!

Exemplo 2:Calculadora básica

Duración:
20 minutos
Agrupamento:
Toda a clase

Este programa pidenos dous números decimais e despós  imprimenos a suma, a resta, a multiplicación e a división, sería unha calculadora básica