Saltar navegación

Practicando con if

Lembra sempre que as solucións non son únicas... se funciona é válida!

Procura poñer na parte superior dos programas:

#Enunciado explicando o que fai o programa

#Data

#Autor/a

Tarefa 1:Positivo ou negativo

Duración:
15 min
Agrupamento:
Individual

Realiza un programa que determine se o número introducido por un usuario é positivo ou negativo.

Tarefa 2: Canto che falta para votar?

Duración:
20 min
Agrupamento:
2

Queres crear un programa que lle pregunte a unha persoa a súa idade e lle indique se pode votar (idade maior ou igual a 18). Se non pode votar, o programa debe mostrarlle unha mensaxe indicando cantos anos lle faltan para poder votar.

Tarefa 3: Prezo final dun produto

Duración:
20 min
Agrupamento:
2

Dado o prezo dun producto introducido por pantaia, o prezo debe incrementarse nun 7% se o inicial é maior que 82€ e debe imprimir o novo prezo por pantaia .

Constrúe o diagrama de fluxo ou pseudocódigo, e o correspondente programa en Python.