Saltar navegación

Estrutura for

Como se escribe

Un bucle for consta dunha variable, un obxecto iterable e un bloque de código.

O concepto novo nesta ocasión é o obxecto iterable, tratase dun conxunto de valores que a variable irá tomando en cada unha das veces que executará o bloque de código.

Polo dagora, pensaremos que é o contador, e que tomará valores 1,2,3... en cada iteración ata que se cumpla o nº de veces que se deben repetir as instrucións.

A estructura for  usase cando sabemos o número de veces que temos que repetir un conxunto de instrucións.

O número de veces que debe executarse controlase co contador e a condición para que se siga executando é se se repiteu as veces que debía ou non.

Diagrama de fluxo do bucle for
Creación propia. Diagrama de fluxo do bucle for (CC BY-SA)

PSEUDOCÓDIGO

...
5.Desde i=valor inicial hasta i<=nº repeticións,facer
    6.(Bloque de instrucións a realizar)
    7.i++ ou i=i+1
8.Fin_desde

Exemplo 1:Suma de enteiros positivos

Programa

Código Python: Suma de enteiros positivos

# Enunciado: Este programa recolle un número N de enteiros e suma os que son positivos.
# Data: 18/04/2025
# Autora: Eva

# Solicitar á usuaria a cantidade de números que desexa introducir
N = int(input("Ingrese a cantidade de números a sumar: "))

# Inicializar a variable para almacenar a suma dos números positivos
suma = 0  # É preciso inicializar o contador a 0 para poder facer suma = suma + num

# Iterar sobre a cantidade de números introducidos
for i in range(1, N + 1):
    print(f"Introduza o número {i}º:")
    num = int(input())  # Solicitar un número enteiro á usuaria

    # Comprobar se o número é positivo e engadilo á suma
    if num > 0:
        suma = suma + num

        # print(num, "\t", suma)  # Por se queremos comprobar que sae en cada iteración

# Mostrar o resultado da suma total
print("O total é:", suma)    

Exemplo 2:Divisible por 3?

Programa

Código Python:Divisible por 3

# Este programa decide se os números do 1 ó 20 son divisibles por 3

for i in range(1, 21):  # Bucle que percorre os números do 1 ó 20
    if i % 3 == 0:  # Comproba se o resto de dividir por 3 é 0
        print(i, "Divisible por 3")  # Se é 0, o número é divisible por 3
    else:
        print(i, "No divisible por 3")  # Se o resto non é 0, o número non é divisible por 3    

Exemplo 3: Iterando en cores

Programa

Código Python:Imprime cores

"""
Este programa imprime as cores nun grupo de datos predefinido.
Data: 19 de abril de 2025
Autora: Eva
"""

# Grupo de datos predefinido: unha serie de cores
cores = "vermello", "azul", "verde", "amarelo", "laranxa"

# Bucle for para iterar por cada cor no grupo de datos
for cor in cores:
    print(f"A cor actual é: {cor}")