Saltar navegación

Como pensan as máquinas?

Tí podes aprender a programar!

Que é programar?
Programar pode soar como unha actividade reservada aos xenios matemáticos ou a xente cun coeficiente intelectual moi elevado, pero iso non é certo en absoluto. Programar é, en poucas palabras, o proceso que seguimos para resolver un problema usando unha computadora. Para lograr isto necesitamos facer basicamente 3 cousas:

  • analizar e entender ben a fondo o problema que queremos resolver
  • definir ben cales son os requirimentos do problema (entradas, saídas, procesos, etc.)
  • finalmente deseñar unha solución para o problema.
Que é programar?
Que é programar?

{"id":"4a147d86-9e65-4cb4-9b9f-85706a77666e","title":"PROGRAMAR","mindmap":{"root":{"id":"a6f3ede1-6c36-4380-bfe5-c5e3bbc9cbaf","parentId":null,"text":{"caption":"PROGRAMAR","font":{"style":"normal","weight":"bold","decoration":"none","size":20,"color":"#000000"}},"offset":{"x":0,"y":0},"foldChildren":false,"branchColor":"#000000","children":[{"id":"b12f592e-6a8e-4a7c-94e8-8c40a732e4e7","parentId":"a6f3ede1-6c36-4380-bfe5-c5e3bbc9cbaf","text":{"caption":"Entender ben o problema","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":-315,"y":61},"foldChildren":false,"branchColor":"#4f3f51","children":[]},{"id":"6289876d-7198-4918-a930-28433b5df886","parentId":"a6f3ede1-6c36-4380-bfe5-c5e3bbc9cbaf","text":{"caption":"Definir entradas/saídas e procesos","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":-53,"y":133},"foldChildren":false,"branchColor":"#04d4fd","children":[]},{"id":"19f3fdb9-c501-4324-8439-e5b8f3f8e8a2","parentId":"a6f3ede1-6c36-4380-bfe5-c5e3bbc9cbaf","text":{"caption":"Deseñar a solución","font":{"style":"normal","weight":"normal","decoration":"none","size":15,"color":"#000000"}},"offset":{"x":247,"y":128},"foldChildren":false,"branchColor":"#0d0045","children":[]}]}},"dates":{"created":1654798224695,"modified":1654798366608},"dimensions":{"x":4000,"y":2000},"autosave":false}

Parece que é complexo pero a verdade é que seguimos ese proceso todos os días cando resolvemos os problemas máis cotiáns, aínda que non sempre somos conscientes diso. Dende decidir se nos erguemos da cama ou non, preparar a comida do día ou ata elaborar esa complexa noticia sobre a Segunda Guerra Mundial que nos pediu a de sociais, todas as nosas actividades diarias seguen máis ou menos o mesmo proceso.

Escribir un programa de computadora require de certos coñecementos e habilidades técnicas, pero en esencia, calquera persoa que se propoña aprender a programar unha computadora pode logralo.