Saltar navegación

Estrutura if-else

Como se escribe

Diagrama de fluxo if-else
Creación propia. Diagrama de fluxo if-else (CC BY-SA)

A sentencia if-else permite avaliar unha condición: se é verdadeira  execútanse unha serie de instrucións, e se é falsa outras.

Sintaxe básica

A sintaxe en Python  ímola ver de novo cun exemplo.

Supoñamos o programa exemplo de if, pero agora, se o promedio do alumnado non é maior ou igual que 5 aparece por pantaia suspenso.

Código Python: Aprobado ou suspenso con if-else

#Este programa decide se o alumnado está aprobado ou suspenso según o promedio de notas sexa maior o igual que cinco

print("Por favor,introduza o promedio de notas")

#Pedimos o promedio de notas por pantaia
PRO=float(input())    #Gardamos o promedio na variable PRO

if PRO>=5:     #Comprobamos se PRO é maior ou igual a 5

    print("Aprobado") #Se se cumple a condición escribir aprobado por pantaia

else:
    
    print("Suspenso") #Se NON se cumple a condición escribir suspenso por pantaia    

  Como ves escríbese if , a condición e por último : ,  e a serie de intrucións que queremos que se executen se se cumple(if) e se non se cumple(else) ,con sangría .En Python son moi importantes as sangrías, porque explica que hai "dentro de cada estrutura".

Exemplo 1: Podes votar?

Programa

Este programa pregúntache a túa idade e se tes 18 ou máis anos, diche que podes votar, e do contrario, diche cantos anos che faltan

Código Python: Canto che falta para votar con if-else

idade = int(input("Introduce a túa idade: "))
if idade >= 18:
    print("Podes votar.")
else:
    anos_faltan = 18 - idade
    print("Non podes votar. Fáltanche", anos_faltan, "anos para poder votar.")
    

Exemplo 3: Entradas de concerto con desconto

Programa

As entradas para un concerto, custan 25€, se eres menor de 25 anos ou maior de 65 tes unha redución do 15%, do contrario non tes redución. Este programa calcula o prezo da entrada según a idade e diche se tes ou non deconto.

Código Python: Entradas dun concerto con if-else

  #As entradas para un concerto, custan 25€. 
#Se eres menor de 25 anos ou maior de 65 anos tes unha redución do 15%, e
#Este programa calcula o prezo da entrada según a idade

IDADE=int(input("Por favor,introduza a súa idade: "))  #Pedimos a idade.Gardamos a idade na variable IDADE
PREZO=25  #Valor inicial da entrada sen descontos

if IDADE<25 or IDADE>65 :    #Comprobamos se IDADE é menor de 25 anos ou maior de 65
   PREZO=25-(25*0.15)     #Se ten menos de 25 aplicamos o desconto do 15%
   print("Ten vostede un desconto de ", 25*0.15," € ")
else :                    
   print("Non ten vostede dereito a desconto")
   
print("A súa entrada custa: ",PREZO , "€" )  #Comunicamos o prezo  por pantaia e salto de línea