Cando usalas e como se escriben

Unha función é un bloque de código reutilizable que realiza unha tarefa específica.
Serve para dividir o programa en partes máis pequenas, facilitando a súa lectura, mantemento e reutilización.
Código Python: Estrutura básica dunha función
def nome_da_funcion(parámetros): # Declaración coa palabra clave def
# Bloque de código
return resultado # Devolve un resultado (opcional)
Función sen parámetros nin return
Primeiro, introduciremos unha función sinxela que non require entrada nin devolve resultado.
def saudar(): # Declarar unha función chamada "saudar"
print("Ola! Benvidos á aula de Python!") # Mensaxe ao usuario
# Chamar á función
saudar()
- A palabra clave def indica o inicio da función.
- O nome da función é saudar.
- Dentro da función, hai unha única acción: imprimir unha mensaxe.
- Para executar a función, usamos o seu nome: saudar().
Función con parámetros
Agora imos crear unha función que reciba datos como entrada (parámetros) e os utilice no seu bloque de código.
def saudar_usuario(nome): # A función recibe un parámetro "nome"
print("Ola,", nome, "! Como estás?") # Usa o parámetro para saudar
# Chamar á función con diferentes valores
saudar_usuario("Eva")
saudar_usuario("Carlos")
- A función ten un parámetro chamado nome.
- Cando chamamos á función, debemos pasar un valor para nome, como "Eva" ou "Carlos".
- O print emprega o valor de nome para personalizar a mensaxe.
Función que devolve un resultado co return
As funcións poden realizar cálculos e devolver o resultado cunha palabra clave return.
def sumar(a, b): # A función recibe dous parámetros
resultado = a + b # Realiza a suma
return resultado # Devolve o resultado
# Chamar á función e mostrar o resultado
print("A suma de 3 e 5 é:", sumar(3, 5))
- A función sumar ten dous parámetros: a e b.
- Realiza a suma e gárdaa na variable resultado.
- Usa return para devolver o valor ao programa principal.
- Ao chamarmos sumar(3, 5), obtén o resultado e móstrao.
Explicación da diferenza entre función e método
Función: Un bloque de código autónomo que realiza unha tarefa.
Exemplo: len(lista) é unha función que devolve o tamaño dunha lista.
Método: É unha función asociada a un obxecto específico, e chamámola usando o formato obxecto.método().
Exemplo: "texto".lower() converte o texto a minúsculas.