Saltar navegación

Practicando con while

Tarefa 1: Controlando os parámetros do bucle while

Duración:
30
Agrupamento:
Individual

O máis importante do bucle while, é controlar as condicións de entrada e permanencia no bucle.Estas prácticas son para afianzar este concepto.

Saberás que o conseguiches, cando obteñas a saída desexada:

  • Realizar un programa que mostre só os números pares comprendidos entre 1 e 1000.
  • Realizar un programa que mostre só os números impares comprendidos entre 1 e 1000.
  • Realizar un programa que mostre todos os divisores dun número (enténdese que o número será enteiro positivo).
  • Realizar un programa que solicite un número e mostre todos os divisores dese número e ademais conte o número de divisores do devandito número.
  • Realizar un programa que solicite entradas de números ata que se deixe unha das entradas  se deixe baleira. O programa debe contar cantos números se introduciron, calcular a suma dos números e a media.

Tarefa 2: Cadrados e suma de cadrados dunha serie

Duración:
20 min
Agrupamento:
Individual

Obtén o diagrama de fluxo ou pseudocódigo e o programa correspondente en  Python dun algoritmo que reciba unha serie de números enteiros positivos(indícallo á usuaria, pero non tes que comprobalo), imprima o seu cadrado, e a suma de todos os cadrados ó rematar a serie.

  • Para facer o cadrado multiplica o número por sí mismo tamén.
  • Usa que se ingrese o número -1 para avisar de que non hai máis números.
  • Utiliza elementos para que non se peguen as frases, números, e sea unha impresión lexible de saída.
  • Chámalle ás variables NUM(número de entrada) CUA(cadrado do número) e SUMA(suma dos cadrados).