Saltar navegación

Listas

Cando usalas

Unha lista(list) é unha colección ordenada e mutable (os seus elementos pódense modificar). 

Estrutura e uso:

Código Python: Exemplo de uso das listas

# Crear unha lista
frutas = ["mazá", 0.25, True]  # Lista con tres elementos
print(frutas[0])  # Mostrar o primeiro elemento: "mazá"    

Características:

  • Os elementos están ordenados (pódese acceder a eles usando o seu índice).
  • Permiten duplicados (pódense repetir elementos)
  • Pódense engadir, modificar ou eliminar elementos.
  • Pódense almacenar diferentes tipos de datos dentro dunha soa lista.

Proba a: Facer a lista da compra

Crea un programa que permita engadir elementos a unha lista da compra e logo amose a lista completa.