Saltar navegación

Autoavaliación: Vexamos o que sabes de funcións

Tarefa 1: Crear unha función para engadir elementos

Duración:
15 min
Agrupamento:
Individual

Primeiro, empezaremos cunha función básica para engadir elementos á lista ou conxunto. 

Enunciado: Crea unha función chamada engadir que engada un elemento a unha lista utilizando o método append. Despois, proba esta función chamándoa coas seguintes accións:

Engadir "mazá".
Engadir "laranxa".

Tarefa 2: Crear unha función para eliminar elementos

Duración:
15 min
Agrupamento:
Individual

Agora introduciremos outra función chamada eliminar. Comprobaremos se o elemento existe antes de eliminalo.

Enunciado: Crea unha función chamada eliminar que elimine un elemento da lista utilizando o método remove. Se o elemento non está na lista, debe avisar á usuaria cunha mensaxe.

Tarefa 3: Crear unha función para mostrar os elementos

Duración:
15 min
Agrupamento:
Individual

Unha terceira función servirá para mostrar os elementos da lista. 

Enunciado: Crea unha función chamada mostrar que amose todos os elementos da lista.

Tarefa 4: Introducir interacción coa usuaria

Duración:
15 min
Agrupamento:
Individual

Aquí empezaremos a ver o concepto de reutilización e a razón de ser das funcións como código independente e reutilizable.

Agora, combinaremos as tres funcións anteriores para permitir á usuaria seleccionar unha acción: engadir, eliminar ou mostrar.

Enunciado: Crea un programa que lle pida á usuaria que escolla unha acción entre "engadir", "eliminar" ou "mostrar", e utilice as funcións creadas. Proba o programa con varias entradas.

Tarefa 5: Cambiar a estrutura para usar un conxunto

Duración:
15 min
Agrupamento:
Individual

Finalmente, adaptaremos o programa para usar un conxunto en lugar de unha lista. Desta maneira, garantiremos que os elementos da lista da compra sexan únicos.

Enunciado: Adapta o código anterior para que a lista da compra sexa un conxunto en vez de unha lista.

Tarefa 6 : Programa xestor da lista da compra

Duración:
15 min
Agrupamento:
2

Basándovos nos vosos programas previos, creade un programa que permita á usuaria xestionar unha lista da compra.

A usuaria debe poder seleccionar unha das seguintes accións:

  • Engadir un elemento á lista cunha función que use o método append(listas) ou add(conxuntos)
  • Eliminar un elemento da lista cunha función que use o método remove
  • Mostrar a lista completa.
  • O programa debe seguir executándose ata que a usuaria escriba "rematar" como acción.
  • Ademais, se tenta eliminar un elemento que non está na lista, o programa debe avisar á usuaria.

Explica a diferencia se usades listas ou conxuntos.Probade a incluir nun programa e no outro dúas veces mazá...que ocorre?