Saltar navegación

Métodos

Cando usalos e como se escriben

Un método é unha función que está asociada a un obxecto. Isto significa que se chama directamente sobre ese obxecto usando o formato:

obxecto.método()

Os métodos realizan operacións ou manipulan datos asociados ao obxecto sobre o que se chaman.

Diferenza entre funcións e métodos:

  • Función: Un bloque de código que non está ligado a un obxecto e pódese usar en calquera parte do programa.
    • Exemplo: len().
  • Método: Está ligado a un tipo de obxecto específico e chámase directamente sobre ese obxecto.
    • Exemplo: "cadea".upper().

Métodos para manipular cadenas de texto 

Código Python: Métodos para cadeas de texto

texto = "Ola, Benvida á programación en Python!"

# Método lower(): Convirte todo a minúsculas
print("Texto en minúsculas:", texto.lower())

# Método upper(): Convirte todo a maiúsculas
print("Texto en maiúsculas:", texto.upper())

# Método replace(): Substitúe unha palabra por outra
texto_modificado = texto.replace(" en Python", " con Eva")
print("Texto modificado:", texto_modificado)

# Método split(): Divide o texto en palabras
palabras = texto.split()
print("Palabras do texto:", palabras)

# Método strip(): Elimina espazos en branco ao inicio e ao final
espazos = "   Espazo extra   "
print("Sen espazos:", espazos.strip())    

Explicación:

  • lower() e upper(): Modifican todas as letras do texto a minúsculas ou maiúsculas.
  • replace(): Cambia unha subcadea (neste caso, "en Python") por outra.
  • split(): Divide o texto en lista, separando por espazos por defecto.
  • strip(): Elimina espazos en branco ao inicio e ao final do texto.

Métodos máis usados para listas

Código Python: Métodos para listas

numeros = [1, 2, 3, 4]

# Método append(): Engade un elemento ao final
numeros.append(5)
print("Lista despois de engadir 5:", numeros)

# Método remove(): Elimina un elemento específico
numeros.remove(3)
print("Lista despois de eliminar 3:", numeros)

# Método pop(): Elimina e devolve o último elemento
ultimo = numeros.pop()
print("Elemento eliminado:", ultimo)
print("Lista despois de usar pop:", numeros)

# Método sort(): Ordena os elementos
numeros.sort()
print("Lista ordenada:", numeros)    

Explicación:

  • append(): Engade un elemento ao final da lista.
  • remove(): Elimina o primeiro elemento coincidente.
  • pop(): Elimina o último elemento da lista e tamén o devolve.
  • sort(): Ordena os elementos da lista en orde ascendente.

Métodos útiles para manipular diccionarios 

Código Python: Métodos para dicionarios

estudante = {"nome": "Eva", "idade": 16, "nota": 8.5}

# Método keys(): Obter todas as chaves do diccionario
print("Chaves do diccionario:", estudante.keys())

# Método values(): Obter todos os valores do diccionario
print("Valores do diccionario:", estudante.values())

# Método items(): Obter chaves e valores como tuplas
print("Pares chave-valor:", estudante.items())

# Método get(): Obter o valor dunha chave
print("Nota do estudante:", estudante.get("nota"))

# Método update(): Engadir ou actualizar valores
estudante.update({"nota": 9.0, "cidade": "Logroño"})
print("Diccionario actualizado:", estudante)    

Explicación:

  • keys(), values() e items(): Permiten acceder ás chaves, valores ou pares chave-valor.
  • get(): Obten o valor dunha chave sen causar erro se non existe.
  • update(): Actualiza unha clave existente ou engade unha nova.
     

Exemplo: Axenda de tarefas

Programa

Implementa un programa que permita á usuaria xestionar unha axenda de tarefas:

  • Engadir tarefas.
  • Eliminar tarefas.
  • Mostrar a axenda de tarefas.

Código Python: Axenda de tarefas

tarefas = []

while True:
    accion = input("\nQue queres facer? ('engadir', 'eliminar', 'mostrar', 'rematar'): ").lower()
    
    if accion == "engadir":
        tarefa = input("Escribe a tarefa que queres engadir: ")
        tarefas.append(tarefa)
        print("Tarefa engadida!")
    
    elif accion == "eliminar":
        tarefa = input("Escribe a tarefa que queres eliminar: ")
        if tarefa in tarefas:
            tarefas.remove(tarefa)
            print("Tarefa eliminada!")
        else:
            print("A tarefa non está na lista.")
    
    elif accion == "mostrar":
        print("As túas tarefas son:", tarefas)
    
    elif accion == "rematar":
        print("Finalizando programa. Ata logo!")
        break
    
    else:
        print("Acción non válida. Inténtao de novo.")