Saltar navegación

Autoavaliación: Creando un xestor de mascotas dunha veterinaria

Tarefa 1: Crear a clase e o método para engadir mascotas

Duración:
15 min
Agrupamento:
Individual

Enunciado: Crea unha clase chamada Mascota que permita almacenar unha lista de mascotas como atributo. Engade un método chamado engadir_mascota que reciba un nome e o engada á lista.

Tarefa 2: Crear un método para sacar mascotas

Duración:
15 min
Agrupamento:
Individual

Enunciado: Engade á clase Mascota un método chamado eliminar_mascota que elimine unha mascota da lista. Se a mascota non existe, o método debe mostrar unha mensaxe indicando iso.

Tarefa 3: Crear un método para mostrar todas as mascotas

Duración:
15 min
Agrupamento:
Individual

Enunciado: Engade un método chamado mostrar_mascotas que amose todas as mascotas da lista.

Tarefa 4: Introducir interacción coa usuaria

Duración:
15 min
Agrupamento:
Individual

Enunciado: Agora, combina os métodos anteriores para crear un programa interactivo que permita á usuaria engadir, eliminar ou listar mascotas.