Saltar navegación

Practicando con for

Tarefa 1:Controlando os parámetros do bucle for

Duración:
30
Agrupamento:
Individual

O máis importante do bucle for, é controlar como delimitar inicio, fin e incremento.Estas prácticas son para afianzar este concepto.

Saberás que o conseguiches, cando obteñas a saída desexada:

  1. Realiza un programa que imprima os primeiros 20 nºs enteiros en orden crecente
  2. Modifica só as condicións do bucle for do programa anterior para que imprima só os nºs pares
  3. Modifica só as condicións do bucle for do programa anterior para que imprima só os nºs impares
  4. Modifica só as condicións do bucle for do programa anterior para que imprima só os nºs cada 3
  5. Realiza un programa que imprima os primeiros 20 nºs enteiros en orden decrecente
  6. Realiza un programa que imprima os primeiros 20 nºs enteiros en orden crecente ou decrecente a criterio da usuaria
  7. Modifica só as condicións do bucle for do programa anterior para que abarque non ata 20, se non ata calquera nº elixido pola usuaria

Tarefa 2: Suma da nómina de 15 traballadores

Duración:
20 min
Agrupamento:
2

Obtén o diagrama de fluxo ou pseudocódigo e o programa correspondente en  Python, para conseguir o total da nómina de 15 traballadores, pedindo o salario de cada un por pantaia.