Tarefa 1: Cálculo da idade
- Duración:
- 15 min
- Agrupamento:
- 2
Escribe un programa que solicite á usuaria o seu ano de nacemento e calcule a súa idade actual.
Código Python: Cálculo da idade
# Solicitar o ano de nacemento e o ano actual
ano_nacemento = int(input("En que ano naciches? "))
ano_actual = int(input("En que ano estamos? "))
# Calcular a idade
idade = ano_actual - ano_nacemento
# Mostrar o resultado
print(f"A túa idade é: {idade} anos.")