Cando usalas
Durante a solución de problemas mediante algoritmos,é moi común atoparse cun conxunto de instrucións que deben repetirse un determinado número de veces. As instrucións son as mesmas, pero algúns dos datos varían. Ó conxunto de instrucións que se repite, chámaselle ciclo ou bucle.
Todo bucle debe rematar despós dun número determinado de veces, polo que sempre debe incluir unha condición de parada ou fin de ciclo. En cada iteración do bucle avalíanse as condicións e decídese se debe ou non executarse outra vez, ou pararse.
Neste exemplo , as instrucións de aumentar N e aumentar a suma repítense 10 veces, e de cada vez compróbase se se chegou a 10 para decidir se se repite o ciclo ou se sae del. Aparecen aquí dous elementos moi comúns nos ciclos, o contador que conta as repeticións(aquí N),e o acumulador, que acumula unha serie de datos en cada iteración(aquí Suma).