Saltar navegación

Practicando con estruturas anidadas

Tarefa 1: Busca e corrixe os erros deste algoritmo

Duración:
15 min
Agrupamento:
Toda a clase

Busca o erro e corrixe o seguinte algoritmo de cualificación según a media


O algoritmo debe indicar a cualificación: Suspenso, Aprobado,Notable e Sobresaínte según o promedio de notas.

Busca o erro no diagrama de fluxo (pdf - 29552 B) e no programa en Python.

Código Python: Cualificación con erros

print("Por favor,introduza o promedio de notas") #Pedimos o promedio de notas por pantaia
PRO=float(input())                                #Gardamos o promedio na variable PRO
if  PRO<5:                                    #Comprobamos se PRO é menor a 5
    print("Suspenso")                         #Se se cumple a condición estará suspenso 
else:                                         #Se o promedio e maior ou igual a 5
    print("Aprobado")                         #Estará aprobado
    if PRO>=6 and PRO<7:                      #Se PRO é maior ou igual que 6 e menor que 7 ten Ben
        print("Ben") 
    else: 
        if PRO>=7 and PRO<9:                  #Se PRO está entre 7 e 9(non 9)
           print("Notable")                   #Terá un notable
        else:
           print("Sobresaínte")               #Terá sobresaínte    

Tarefa 2: Ordena tres números

Duración:
30 min
Agrupamento:
Individual

Realiza en Python o programa que recibe tres nºs enteiros A,B,C  e  imprimeos por pantaia ordenados de maior a menor.

Documenta o programa cun enunciado e aclaracións con comentarios.

Tarefa 3.1: Cantos anos faltan ou pasaron?

Duración:
20 min
Agrupamento:
Individual

Realiza en Python o programa que pida o ano actual e un ano calquera, e que escriba cantos anos pasaron desde ese ano ou cantos anos faltan para chegar a ese ano.

Poden darse as seguintes posibilidades.

COMPARADOR DE ANOS
En que ano estamos?: 2025
Escriba un ano calquera: 1997
Desde o ano 1997 pasaron 28 anos.

COMPARADOR DE ANOS
En que ano estamos?: 2025
Escriba un ano calquera: 2029
Para chegar ó ano 2029 faltan 4 anos.
COMPARADOR DE ANOS
En que ano estamos?: 2025
Escriba un ano calquera: 2025
Son o mesmo ano!

Documenta o programa cun enunciado e aclaracións con comentarios.

Tarefa 3.2: Comparador de anos con mellora

Duración:
5
Agrupamento:
Individual

Mellora o programa anterior facendo que cando a diferenza sexa exactamente un ano, escriba a frase en singular


COMPARADOR DE ANOS
En que ano estamos?: 2025
Escribe un ano calquera: 2026
Para chegar ó ano 2026 falta 1 ano.