Saltar navegación

Librerías

Cando e como usalas

Unha librería en Python é un conxunto de módulos que conteñen funcións e clases predefinidas que permiten realizar tarefas específicas. Facilitan a programación ao proporcionar solucións listas para usar, aforrando tempo e evitando a repetición de código.

 
Diferenza entre funcións, métodos e librerías:

  • Funcións: Son bloques de código que poden usarse sen depender dun obxecto.
    • Exemplo: len(lista).
  • Métodos: Son funcións asociadas a un obxecto específico e chámase sobre el.
    • Exemplo: "texto".upper().
  • Librerías: Son coleccións de módulos que se importan no programa para usar as súas funcionalidades.
    • Exemplo: math.sqrt().

Exemplos de librerías

Exemplo 1: Introducir unha librería básica: math

Usaremos a librería math para realizar operacións matemáticas como raíz cadrada ou cálculos de pi.

Enunciado: Importa a librería math e utiliza as súas funcións predefinidas para realizar operacións matemáticas.

Código Python: Uso da librería math

import math  # Importar a librería math

# Usar funcións da librería math
numero = 16
raiz = math.sqrt(numero)  # Raíz cadrada
print(f"A raíz cadrada de {numero} é:", raiz)

angulo_graos = 90
angulo_radianos = math.radians(angulo_graos)  # Converter graos a radianos
seno = math.sin(angulo_radianos)  # Seno dun ángulo en radianos
print(f"O seno de {angulo_graos}º é:", seno)

# Mostrar o valor de pi
print("O valor de pi é:", math.pi)    

Explicación paso a paso:

  • Importamos a librería math usando import.
  • Usamos math.sqrt() para calcular a raíz cadrada dun número.
  • Convertimos graos a radianos con math.radians() e calculamos o seno con math.sin().
  • Accedemos ao valor constante de pi con math.pi.

Exemplo 2: Traballar con números aleatorios usando random

Usaremos a librería random para xerar números aleatorios.

Enunciado: Usa a librería random para xerar números aleatorios, como lanzar un dado ou escoller un elemento dunha lista.

Código Python: Uso da librería random

import random  # Importar a librería random

# Xerar un número aleatorio entre 1 e 6 (como un dado)
dado = random.randint(1, 6)
print("O resultado do dado é:", dado)

# Escoller un elemento aleatorio dunha lista
frutas = ["mazá", "laranxa", "pera", "uva"]
eleccion = random.choice(frutas)
print("A froita escollida aleatoriamente é:", eleccion)

# Xerar un número aleatorio entre 0 e 1
aleatorio = random.random()
print("Número aleatorio entre 0 e 1:", aleatorio)    

Explicación paso a paso:

  • Importamos a librería random usando import.
  • Usamos random.randint() para xerar números enteiros aleatorios.
  • Usamos random.choice() para escoller un elemento dunha lista.
  • Usamos random.random() para xerar números decimais entre 0 e 1.

Exemplo 3: Traballar con tempo usando time

Usaremos a librería time para traballar co tempo.

Enunciado: Usa a librería time para calcular o tempo que tarda en executarse unha operación ou crear pausas no programa.

Código Python: Uso da librería time

import time  # Importar a librería time

# Mostrar a hora actual
hora_actual = time.strftime("%H:%M:%S")
print("A hora actual é:", hora_actual)

# Crear unha pausa de 2 segundos
print("Esperando 2 segundos...")
time.sleep(2)
print("Pausa finalizada.")

# Medir o tempo de execución dunha operación
inicio = time.time()
suma = sum(range(1_000_000))  # Sumar números do 1 ao 1 millón
fin = time.time()
print("Tempo de execución:", fin - inicio, "segundos.")    

Explicación paso a paso:

  • Importamos a librería time usando import.
  • Usamos time.strftime() para mostrar a hora actual nun formato humano.
  • Usamos time.sleep() para crear pausas no programa.
  • Usamos time.time() para medir tempos de execución.
     

Exemplo 4: Manipular datos con datetime

Usaremos a librería datatime para traballar con datas.

Enunciado: Usa a librería datetime para traballar con datas e horas.

Código Python: Uso da librería datatime

import datetime  # Importar a librería datetime

# Mostrar a data e hora actual
agora = datetime.datetime.now()
print("Data e hora actual:", agora)

# Introduce a túa data de nacemento
nacemento = datetime.datetime(1971, 6, 27)
print("Data de nacemento:", nacemento)

# Calcular a túa idade co método year
idade = agora.year - nacemento.year
print("Idade:", idade, "anos.")   

Explicación paso a paso:

  • Importamos a librería datatime usando import.
  • Usamos datetime.now() para obter a data e hora actual.
  • Creamos unha data específica do teu nacemento con datetime(year, month, day).
  • Calculamos a idade como a diferenza entre os anos co método year.