Saltar navegación

Practicando con if-else

En Python os anidamentos fanse con sangrías.É moi importante practicalo para non cometer erros de decisión.

Propóñense tres tarefas para resolver en Python co obxectivo de empezar a comprender os anidamentos

Debes decidir que tipo de estrutura if    if-else  if-else anidados  ou combinacións , son os máis adecuados e eficientes para resolvelos

Tarefa 1.1:División exacta ou non

Duración:
15 min
Agrupamento:
2

Escribe un programa que pida dous números enteiros e que calcule a súa división, indicando se a división é exacta ou non. Usa a función módulo .
 Debe saír:

DIVISOR DE NÚMEROS
Escribe o dividendo: 14
Escribe o divisor: 5
A división non é exacta. Cociente: 2 Resto: 4
DIVISOR DE NÚMEROS
Escribe o dividendo: 20
Escribe o divisor: 4
A división é exacta. Cociente: 5



Tarefa 1.2: Impedir a división por 0

Duración:
15 min
Agrupamento:
2

Mellora o programa anterior facendo que teña en conta que non se pode dividir por cero:


DIVISOR DE NÚMEROS
Escribe o dividendo: 20
Escribe o divisor: 0
Non se pode dividir por cero.

Tarefa 2: Comparador de números

Duración:
20 min
Agrupamento:
2

Escribe un programa que pida dous números e que conteste cal é o menor , cal o maior ou que escriba que son iguais.

Debe saír:

COMPARADOR DE NÚMEROS
Escribe un número: 23
Escribe outro número: 14.5
Menor: 14.5; Maior: 23.0

COMPARADOR DE NÚMEROS
Escribe un número: 5.0
Escribe outro número: 5
Os dous números son iguais.