Saltar navegación

Estrutura if

Como se escribe

Diagrama de fluxo  if simple
Creación propia.    Diagrama de fluxo de if simple (CC BY-SA)

A estructura simple if permite que si o avaliar unha condición, esta é verdadeira,  execútense unha serie de instrucións e se non se cumple a condición, non se executen , sáltanse.

Sintaxe básica

A sintaxe (forma de escribila) en Python podemos velo cun exemplo:

Supoñamos un programa que debe decidir se o alumnado está aprobado.

Pedimos por pantaia o promedio de notas e  gardámola nunha variable PRO.

Código Python: Aprobado

#Este programa decide se o alumnado está aprobado según o promedio de notas sexa maior o igual que cinco

#Pedimos o promedio de notas por pantaia
print("Por favor,introduza o promedio de notas")

PRO=float(input())    #Gardamos o promedio na variable PRO
if PRO>=5: #Comprobamos se PRO é maior ou igual a 5 print("Aprobado") #Se se cumple a condición escribir aprobado por pantaia 

Como ves  escríbese if, logo a condición a cumplir, e por último os dous puntos e a serie de intrucións que queremos que se executen se a condición é verdadeira, con sangría.

Exemplo 1:Podes votar?

Programa

Código Python: Podes votar?

#Este programa pregúntache a túa idade e se tes 18 ou máis anos,diche que podes votar

IDADE=int(input("Cantos anos tes?: "))#Pedimos a idade.Gardamos a idade na variable IDADE

if IDADE>=18:#Comprobamos se IDADE é maior o igual de 18 anos
   print("Noraboa!Xa podes votar!!!")    

Exemplo 2: Desconto nas entradas dun concerto

Programa

Código Python: Cálculo do desconto dunhas entradas

#As entradas para un concerto, custan 25€. 
#Se eres menor de 25 anos tes unha redución do 15%, e
#se eres maior de 65 tes unha redución do 20%,este programa calcula o prezo da entrada según a idade

IDADE=int(input("Por favor,introduza a súa idade: "))  #Pedimos a idade.Gardamos a idade na variable IDADE
PREZO=25  #Valor inicial da entrada sen descontos

if IDADE<25:              #Comprobamos se IDADE é menor de 25 anos
   PREZO=25-(25*0,15)     #Se ten menos de 25 aplicamos o desconto do 15%
if  IDADE>65:             #Comprobamos se IDADE é maior de 65 anos
   PREZO=25-(25*0,2)      #Se ten máis de 65 aplicamos o desconto do 20%
   
print("A súa entrada custa: ",PREZO , "€" )  #Comunicamos o prezo  por pantaia e salto de línea