Saltar navegación

Algoritmia e Python...por que?

Imos adentrarnos no apaixonante mundo da programación de intelixencia artificial! Para iso precisamos un pouco de algoritmia e unha base de programación en Python, con isto, poderás mergullarte no fascinante universo da programación e descubrirás as bases fundamentais para poder desenvolver as túas propias aplicacións de IA.

Logo de Python
wikimedia. Logo de Python (CC BY)

Python, coñecido pola súa simplicidade e versatilidade, converteuse nunha das linguaxes de programación máis populares no ámbito da intelixencia artificial. Aprender os seus fundamentos permitirache non só iniciarte nunha linguaxe poderosa e fácil de usar, senón tamén penetrarche no mundo da IA, onde poderás crear algoritmos intelixentes capaces de aprender e tomar decisións por si mesmos.

Doutra banda, a algoritmia é a pedra angular de calquera desenvolvemento de software, incluíndo a programación de IA. Tendo unha base, adquirirás as habilidades necesarias para deseñar algoritmos eficientes e optimizados, clave para o desenvolvemento de calquera programa, incluídos sistemas de intelixencia artificial.

Así que ímonos preparar para explorar novas fronteiras e penetrar no emocionante mundo da intelixencia artificial, prepárate para aprender, experimentar e crear !

Que e como vas a aprender?

   Que vas a aprender?

A través de este recurso e as súas actividades, aprenderás ...

  • Que é programar e como se deseña un programa.

  • A forma de escribir e usar as principais estruturas de Python.

  • A crear funcións á túa medida.

  • A programar orientado a obxectos.(OOP)
  • A usar as librerías de Python.

   Como vas a aprender?

Para conseguir todo o anterior...

Atoparás actividades prácticas en cada apartado como:

  • cuestionarios dos conceptos básicos
  • exemplos resoltos con debates grupais sobre as posibles solucións a un problema
  • experimentación e proba de programas exemplo
  • realización de programas para resolver un problema 
  • todo o anterior o irás reflectindo na túa carpeta dixital

Por exemplo, crearás unha lista interactiva da compra, ou un xestor de mascotas. Estas actividades axudaranche a conectar os conceptos con aplicacións reais.

Traballarás combinando actividades individuais e grupais:

  • Terás momentos de traballo autónomo, como reflexións na túa carpeta , e cuestionarios
  • Análise sobre problemas a resolver con programas gran grupo
  • Experimentación ou xeneración de programas  en pequeno grupo

Temporalización: As actividades que deberás realizar terán unha duración de entre 0.25  e  2.5  sesións dependendo da complexidade

   Que e como se che vai a avaliar?

O proceso de avaliación incluirá...

Durante as actividades, irás organizando unha carpeta coas resolucións das prácticas e actividades propostas . Isto será o produto final a entregar.

Autoavaliación: Poderás comprobar o teu avance cunha autoavaliación de cada sección e terás acceso ás rúbricas que usará o profesorado , isto axudarache a comprobar se estás alcanzando os obxectivos

Avaliación do profesorado:

  • Durante o proceso: avaliará o progreso mediante as  rúbricas para a carpeta e actividades  , e realizará a retroalimentación 
  • Ó finalizar o ODE cualificará a carpeta de solucións 100%