Recoñece estruturas algorítmicas
- Duración:
- 10 minutos
- Agrupamento:
- Toda a clase
O seguinte algoritmo pide e lee tres números e almacenaos nas variables A, B e C respectivamente. O algoritmo imprime cal é o maior dos tres asegurándose de que son distintos. Analiza e comprende o diagrama, e indica cales son as estruturas condicionais e de bucle que podemos atopar nel.
-
- O bucle atopase na condición que comproba se os tres son distintos. Cando non son distintos, retrocede o fluxo do algoritmo para volver a pedilos. Seguirao facendo mentres nos sexan os tres diferentes.
- Os condicionais son 2:
- o primeiro comproba como condición se A>B e A>C, se e certo, xa sabemos que A é o maior e remata o algoritmo. Se non é certo, A xa está descartado e continúa o algoritmo.
- o segundo comproba como condición se B>C, se é certo, B é o maior e remata o algoritmo, se non, C é o maior e tamén remata aí o algoritmo.