Un mecanismo é un conxunto de elementos móbiles, uns respecto doutros, para transmitir movementos e forzas.
Exemplo:
O mecanismo do reloxo necesita un axuste.
Motor
Definición:
Os motores son mecanismos capaces de transformar un tipo de enerxía (eléctrica, de combustión, etc.) en enerxía mecánica.
Exemplo:
A moto da miña nai non se pon en marcha porque o motor non funciona.
Tour
Definición:
Un tour é unha viaxe ou excursión previamente planeado e deseñado.
Exemplo:
Fixemos un tour pola cidade para coñecer os seus lugares máis importantes.
Construímos un vehículo segueliñas
Os parques temáticos son áreas moi extensas. Na maioría de ocasións non hai tempo suficiente nun día para desfrutar de todas as atraccións, espectáculos...
Un dos atractivos que pode ter un parque é un paseo por todas as súas zonas, en vehículos que se desprazan por unhas vías para non saírse do seu percorrido.
Ides construír un vehículo para facer un tour por Troula Park! Un exemplo de vehículo motorizado é un coche que é unha gran maquina composta. Neste caso, o mecanismo que produce o movemento estará formado por un motor, un eixe e unhas rodas, que unidas a unha grande estrutura formada por outras pezas, farán que o vehículo se desprace e se converta nun medio de transporte para os visitantes de Troula Park.
O sensor segueliñas, permitirá que o voso vehículo siga o percorrido marcado.
Materiais
Para deseñar un vehículo segueliñas para o noso parque de atraccións utilízanse os seguintes materiais:
Nezha con Microbit.
Cinta autoadhesiva negra para facer o percorrido.
Pasos a seguir
No seguinte vídeo explicativo móstranse os diferentes pasos de montaxe utilizando Nezha e Microbit.
Hora de programar...
Para rematar, deberedes conectar a Microbit e introducir o código de programación en MakeCode. Aquí tedes un exemplo de programación, pero podedes experimentar pola vosa conta.
Posta a punto
O vehículo segueliñas de Troula Park está rematado!
Chegou o momento de probar a vosa atracción.
Poderiades facer que se desprace nun sentido e logo cambie para o outro?
A que velocidade vos gusta que se desprace?
Poderiades programar o vehículo para que faga paradas no seu percorrido?