É unha forma poder resolver problemas, pero empregando a nosa creatividade, e os nosos coñecementos das matemáticas e das ciencias.
Exemplo:
A construción da ponte é unha obra de enxeñaría.
Profesión
Definición:
É unha actividade que realizan as persoas adultas despois de formárense durante un tempo. Por realizar dito traballo, recíbese unha paga.
Exemplo:
A profesión de María é mestra.
Profesións STEM
Vivimos rodeados de avances científicos que nos facilitan o día a día. Dende o ascensor, que nos permite subir a un piso sen esforzo, ata un ordenador, que permite ás médicas e aos médicos facer operacións máis doadas e seguras. Ambos son inventos humanos que permiten mellorar a nosa vida e avanzar como sociedade.
A nosa historia está chea de grandes descubrimentos e de grandes inventoras e inventores.
A ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas están presentes en moitas profesións. Son as chamadas profesións STEM. Por exemplo, farmacéuticas/os, biólogas/os, informáticas/os, arquitectas/os ou astronautas precisan saber moito destas materias para poderen solucionar problemas e mellorar a calidade de vida.
A través dos avances científicos e dos novos inventos é posible reducir a contaminación, potenciar o uso de enerxías renovables e levar a cabo unha agricultura sostible.
Lectura facilitada
Os avances científicos axúdannos a diario e permiten que as nosas vidas melloren.
A nosa historia está chea de moitos descubrimentos e tamén de inventoras e inventores.
A ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas están presentas en moitas profesións, que chaman STEM (informáticas/os, biólogas/os, astronautas, e máis).
Grazas aos avances científicos e aos inventos é posible:
— Reducir a contaminación.
— Empregar máis enerxías renovables.
— Levar a cabo a agricultura sostible.
Audio
Mulleres STEM
Moitas persoas contribuíron á ciencia ao longo da historia e durante moitos anos non se recoñeceu o traballo realizado polas científicas. Por iso, dende o ano 2015, a Asemblea Xeral das Nación Unidas declarou o 11 de febreiro para conmemorar o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia. Non só para poñer en valor e recoñecemento a moitas mulleres científicas do pasado, senón para promover o acceso das mulleres e as nenas á educación e á investigación na ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas.
Unha científica de actualidade é Sara García Alonso.
Sara, naceu no 1989 en León (España). Estudou Biotecnoloxía e agora traballa na investigación sobre o tratamento para o cancro de pulmón e páncreas. Tamén é a primeira muller española que superou as probas para ser astronauta. Sara García realiza conferencias e visitas a moitos centros educativos para compartir a súa paixón pola ciencia. Ademais da súa vocación pola investigación, desfruta moito coa música rock e o deporte. É unha gran comunicadora que trata de achegar as profesións STEM ao alumnado das escolas, xa que só a través da investigación poderemos axudar a descubrir novos tratamentos para as enfermidades e desenvolver hábitos de vida sustentable.
A continuación, podes ler sobre outras mulleres que realizaron descubrimentos e foron grandes científicas.
Margarita Salas (1938- 2019)
Foi unha das máis notables científicas españolas, doutora en Bioloxía. Unha das súas principais contribucións á ciencia foi o descubrimento do ADN polimerase.
Ada Lovelace (1815- 1852)
É considerada como a primeira programadora de ordenadores da historia e a persoa que iniciou o sistema informático que coñecemos na actualidade.
Marie Curie (1867-1934)
Foi unha das científicas pioneiras no estudo da radiación. As súas investigacións neste campo leváronlle a descubrir dous elementos: o radio e o polonio.
Lise Meitner (1878- 1968)
Foi unha física sueca de orixe austríaco que, xunto co seu compañeiro de investigación Otto Hahn, traballou no estudo de elementos radioactivos.
Caroline Herschel (1750- 1848)
Caroline convertiuse nunha brillante astrónoma que descubriu novas nebulosas e cúmulos de estrelas. Caroline foi a primeira muller en achar un cometa.
Rosalind Franklin (1920- 1958)
Rosalind Franklin sabía dende moi nova que quería ser científica. Aínda que, ao principio, o seu pai rexeitou a idea, finalmente Rosalind doutorouse en Química. Logrou facer unha fotografía que amosaba a dobre hélice do ADN.
Lectura facilitada
Moitas persoas ao longo da historia axudaron ao avance na ciencia.
O traballo das mulleres non foi recoñecido de maneira axeitada.
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o día 11 de febreiro de 2015 como Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia.
Esta declaración foi feita para:
— Recoñecer e valorar o traballo das mulleres do pasado.
— Para que as mulleres da vida actual teñan acceso á educación e á investigación na ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas.
Unha das científicas actuais máis coñecidas é Sara García Alonso:
Primeira muller española en superar as probas para ser astronauta.
Traballa no campo da investigación para tratar o cancro de pulmón e páncreas.
Realiza visitas a centros educativos a dar conferencias para compartir a súa paixón pola ciencia.
Intenta achegar as profesións STEM ao alumnado das escolas para que valoren a súa importancia.
Outras mulleres importantes:
— Margarita Salas (1938 – 2019): científica española que descubriu o ADN polimerase.
— Ada Lovelace (1815 – 1852): primeira programadora de ordenadores que iniciou o sistema informático actual.
— Marie Curie (1867 – 1934): descubriu o radio e o polonio (estudo da radiación).
— Lise Meitner (1878 – 1968): estudou elementos radioactivos.
— Caroline Herschel (1750 – 1848): primeira muller que descubriu un cometa.
— Rosalind Franklin (1920 – 1958): fixo unha fotografía que amosaba a dobre hélice do ADN.
Audio
Método científico
Seguro que moitas veces te aconsellaron que non subas no canto dun banco porque pode inclinarse e polo tanto, ti podes mancarte. Cando comprobas que, efectivamente, o banco se inclinou e ti caíches, acabas de pór en práctica o método científico. É dicir, a través da experimentación fuches capaz de comprobar unha hipótese e establecer unhas conclusións. Así que todas e todos temos dentro de nós unha científica ou científico agochado capaz de crear e inventar.
O Método científico componse dunha serie de fases de investigación, que son:
1º Observación: a través da observación, de prestar atención ao noso redor podes descubrir un problema que resolver.
2º Formulación de preguntas: preguntarnos que, como, cando, por que sobre unha situación fará que se active o noso pensamento para intentar atopar resposta.
3º Hipótese: é un razoamento formado sobre indicios, é dicir, sobre aquilo que cremos que pode pasar.
4º Experimentación: comprobar se a nosa hipótese se cumpre ou non.
5º Análise de datos: recoller os datos, analizalos e sacar unha conclusión.
×
×
Lectura facilitada
Moitas veces te aconsellaron que non subas no canto dun banco.
Podería inclinarse e mancaríaste.
Estamos a realizar o método científico.
A través da experimentación comprobamos unha hipótese e chegamos a conclusións.
Fases do método científico:
Observación: descubrir un problema que queremos resolver.
Formulación de preguntas: facernos preguntas para atopar respostas (que, como, cando...).
Hipótese: é un razoamento formado sobre aquilo que cremos que pode pasar.
Experimentación: comprobar se a nosa hipótese se cumpre ou non.
Análise de datos: recoller os datos e analizalos para sacar conclusións.