Saltar navegación

Maquinando con pancas

 

Glosario

Hipótese

Ilustración que representa unha lupa

Definición:

      Unha hipótese é unha suposición que intenta explicarnos por que ocorre algo. 

Exemplo:

Existen varias hipóteses sobre o tema que queremos resolver.
  

Maquinando

A primeira das nosas prácticas xirarán en torno a unha das máquinas simples máis importantes: a panca. Para iso, seguiremos os pasos do método científico.

Temos a opción de descargar a seguinte ficha en formato PDF (abre unha xanela nova) para ir seguindo o proceso de aprendizaxe ou en formato editable

Preme nos títulos para descubrir a tarefa

1º Observación

Ilustración que representa a acción de observar

Moitas das máquinas que usamos todos os días están fabricadas tendo como base unha panca. Unhas tesoiras, unhas pinzas, unha carretilla... Son máquinas formadas por unha panca.

Prestade atención a estas imaxes e identificade que máquina simple observades.

                                                                         Ilustración que representa un bambánIlustración que representa unha carretillaIlustración que representa unhas tesoirasIlustración que representa unhas pinzasIlustración que representa un martelo cravando un cravo
Observade a vosa aula, o voso patio de recreo, os vosos xoguetes ou os aparellos que utilicedes nas vosas casas.

Podemos facer una posta en común na clase para ver cantos aparellos formados por pancas descubrimos!

2º Formulación de preguntas

Ilustración que representa a acción de pensar

Agora fixádevos nas imaxes anteriores e procurade pensar nas respostas a estas preguntas.

Para que serven estes obxectos?

Crees que se non facemos uso das pancas.... Poderiamos cortar, cravar, levantar...? Por que?

Que é unha panca?

Cantos tipos de pancas hai?

Para que nos serven?

3º Hipótese

Ilustración que representa a acción de diseñar algo

Imos facer un estudo científico usando as pancas. Neste caso construiremos unha catapulta, que é unha máquina que usaban os exércitos na antigüidade e que consistía nunha panca que permitía lanzar todo tipo de obxectos como bólas de lume ou pedras enormes para destruír barcos, murallas...

Recorda que nas pancas podemos apreciar:

  • Un punto de apoio.
  • Unha resistencia, que é a forza que hai que vencer.
  • Unha potencia, que é a forza que hai que realizar para vencer a resistencia.

Nesta práctica imos comprobar a seguinte hipótese: canto máis longo é o brazo da potencia, máis lonxe lanzaremos o obxecto. Entendemos como brazo de potencia a parte da panca na que facemos a forza.

4º Experimentación

Ilustración que representa a acción de construír algo

Seguindo o seguinte vídeo, construiremos a nosa catapulta.

                                                                                        

Probade a utilizar a vosa catapulta xogando coas medidas do voso depresor.

Podedes simplemente deslizar o depresor para que haxa menos distancia con respecto ao punto de apoio ou cambiar por outros depresores máis longos.

5º Análise de datos

Ilustración que representa a acción de medir

Usa a cinta métrica para tomar nota das distancias alcanzadas en cada lanzamento.

Que sucede cando aplicamos a potencia?

Cando se lanza o obxecto máis lonxe?

Que tipo de panca é unha catapulta?

Elaborade un debuxo dunha catapulta indicando onde está o punto de apoio, a potencia e a resistencia.

Para rematar, xogamos coas nosas catapultas facendo algunha competición co resto de grupos.

Lectura facilitada

A nosa primeira práctica será construír unha panca.

Para deseñala seguiredes os pasos do método científico.

1. Observación

Moitas das máquinas que empregades a diario están fabricadas a partir de pancas (tesoiras, carretilla...)

Observade as imaxes dadas e identificade algunha máquina simple.

Logo mirade na vosa aula, no patio, na casa...

Facede unha posta en común con todas as pancas identificadas.

2. Formulación de preguntas

Fixándovos nas imaxes anteriores respondemos as seguintes preguntas:

  • Para que serven estes obxectos?
  • Se non facedes uso das pancas, poderiades cortar, cravar, levantar...? Por que?
  • Que é unha panca?
  • Cantos tipos de pancas hai?
  • Para que nos serven?

3. Hipótese

Ides facer un estudo científico e construír unha catapulta.

A catapulta é un instrumento que empregaban os exércitos na antigüidade para defenderse dos ataques inimigos.

Constaba dunha panca para lanzar obxectos.

As pancas constan de:

— Punto de apoio

— Unha resistencia (forza que hai que vencer)

— Unha potencia (forza que se realiza)

Con esta práctica comprobaredes a seguinte hipótese:

"Canto máis longo é o brazo da potencia  máis lonxe lanzaremos o obxecto".

4. Experimentación

Observade o vídeo e seguide os pasos para construír a catapulta.

Probade a vosa catapulta.

5. Análise e datos

Medide os lanzamentos cunha cinta métrica.

Observade os lanzamentos e respondede.

— Que sucede cando aplicamos a potencia?

— Cando chega o obxecto máis lonxe?

— Que tipo de panca é?

Elaboraredes un debuxo da catapulta e escribiredes o punto de apoio, a resistencia e a potencia.

Por último, faredes un xogo competitivo para comprobar quen lanza máis lonxe os obxectos.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)