Emerxente fai referencia a algo que aparece de forma automática.
Exemplo:
A nosa pantalla do ordenador encheuse de ventás emerxentes.
Usuario
Definición:
Un usuario é una persoa que fai uso de algo.
Exemplo:
A maioría de nós somos usuarias e usuarios de Internet.
Navegamos con seguridade pola rede
As nosas vidas están rodeadas de información e Internet é unha ferramenta que empregamos a diario. Debemos ter en conta que, aínda que é moi útil, tamén presenta uns riscos e perigos que debemos coñecer e evitar. Unha navegación segura pode evitar moitos problemas de privacidade para todos os usuarios.
A continuación, podes informarte de consellos que debes seguir cando accedas á rede.
Redes seguras
Emprega redes seguras para acceder á túa plataforma e procura evitar acceder mediante wifis públicas (centros comerciais, transportes...).
Nunca entres en enlaces que poidan ser sospeitosos.
Non aceptes mensaxes que xurdan nas ventás emerxentes sen lelas previamente.
Contrasinais
Evita contrasinais que poidan ser fáciles de adiviñar por calquera usuario que entre na rede.
Non compartas os teus contrasinais con ninguén aínda que creas que son coñecidas para ti.
Pecha sempre a túa sesión despois de usala en calquera ordenador ou tableta.
Información
Proporciona só información necesaria para rexistrarte.
Non inclúas nin o teu enderezo, nome completo ou número de teléfono a non ser que sexa algo imprescindible.
Protección
Protexe o teu ordenador para que ninguén poida acceder aos teus datos ou a calquera información sen o teu consentimento.
Lectura facilitada
Internet é unha ferramenta que empregamos a diario.
Presenta uns riscos e perigos que debemos coñecer e evitar.
É importante navegar seguros pola rede.
Debes coñecer as seguintes normas:
Emprega redes seguras.
Evita contrasinais fáciles e non as compartas con ninguén.
Non proporciones información persoal.
Protexe o ordenador para evitar o acceso a calquera usuario descoñecido.
Audio
Ameazas dixitais
A nosa profesora pediunos axuda para colaborar coa organización da excursión prevista ao parque de atraccións: buscar en Internet algún parque que nos gustaría visitar e amosarllo ao resto dos compañeiros.
Para facer dita actividade e poder acceder a páxinas web con seguridade, explicounos en que consisten as ameazas dixitais: son perigos ou riscos que existen á hora de acceder a calquera páxina nas plataformas dixitais.
Por iso é importante coñecer algunhas das ameazas dixitais máis frecuentes:
Ciberacoso
O ciberacoso consiste en empregar os medios dixitais para molestar a algunha persoa, de forma continuada. Esta situación pode darse nas redes sociais, chats, correos...
Como podemos evitalo?
Non fales con persoas descoñecidas. Pregunta a unha persoa adulta se é preciso.
Evita compartir información persoal.
Nunca facilites os teus contrasinais a ninguén.
Redes sociais
Non compartas contrasinais.
Emprega redes sociais permitidas á túa idade e en compañía dunha persoa adulta.
Non compartas imaxes ou fotografías sen os permisos axeitados.
Noticias falsas (fake news)
Visita páxinas para atopar información que sexan de confianza.
Compara a información noutras fontes ante calquera dúbida.
Evita a propagación de noticias se non tes certeza da súa veracidade.
Adicción ás redes
Controla o tempo que pasas diante das pantallas.
Pacta coa túa familia o uso dos dispositivos dixitais e cumpre sempre o pactado.
Contidos inadecuados
Fala sempre con persoas adultas á hora de buscar información sobre algún tema para poder acudir a páxinas fiables.
Non abras correos ou ventás que conteñan contidos violentos, racistas ou relacionados con drogas ou xogos. Avisa inmediatamente a un adulto se isto ocorrese.
Emprega datos verídicos sobre a túa idade cando accedas a unha aplicación ou páxina web.
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
Lectura facilitada
Para acceder ás páxinas web con seguridade debemos coñecer en que consisten as ameazas dixitais.
Entre elas, podemos destacar:
O ciberacoso: trátase de molestar a alguén continuamente polas redes, correos, chats...
Non debemos falar con persoas descoñecidas nin compartir información persoal con ninguén.
Redes sociais:
— Non compartir contrasinais.
— Non empregar redes sociais que non sexan axeitadas á túa idade.
— Non compartir fotos ou imaxes sen permiso.
Noticias falsas:
— Acudir a páxinas web que sexan de confianza.
— Comparar a información con outras fontes.
— Non publicar noticias que non saibamos con seguridade que son certas.
Adicción ás redes:
— Evitar pasar demasiado tempo diante das pantallas.
— Pactar coa túa familia sobre os dispositivos dixitais e cumprir os pactos.
Contidos inadecuados:
— Pedir axuda a adultos para buscar información en páxinas fiables.
— Non abrir ventás emerxentes ou correos que sexan de contido inapropiado.
Consultar a un adulto sempre.
— Dicir a verdade sobre a idade cando accedamos a unha aplicación ou páxina web.
Audio
Normas Netiqueta
As normas Netiqueta son un conxunto de normas de comportamento e cortesía que debemos empregar todos os usuarios á hora de comunicarnos en Internet.
Algunhas das máis coñecidas son:
Saudar e despedirse educadamente.
Non escribir todo en maiúsculas.
Ser respectuosa/o coas demais persoas.
Empregar emoticonas.
Revisar a ortografía.
Escribir o asunto nos correos.
Evitar o SPAM.
Actuar como na realidade.
Crea o teu propio código Netiqueta!
Imos practicar coas normas Netiqueta.
A profesora decidiu facer un grupo de whatsapp coas familias para tratar temas da excursión.
Traballamos en equipos: debemos escribir cinco regras Netiqueta que temos que empregar nese grupo para que funcione de forma axeitada.
Todos os equipos len as normas e, entre toda a clase, corriximos os erros que poidan xurdir.
A continuación, debatemos os aspectos tratados e si se precisa engadir algunha regra que consideremos máis importante para nós.
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
×
Lectura facilitada
As Normas Netiqueta fan referencia ao comportamento que debemos ter os usuarios ao comunicarnos por Internet.
Algunhas son:
Educación: saudar e despedirse sempre.
Respecto: escribir sempre palabras amables e con respecto.
Maiúsculas: non escribir todo con maiúsculas para non ser mal interpretada/o.
Emoticonas: para transmitir emocións.
Corrección ortográfica: revisar sempre os textos antes de envialos.
O asunto: escribir sempre o asunto nos correos.
Spam: evitar o spam.
Vida real: actuar como na vida diaria sen ofender.
Crea o teu propio código Netiqueta.
Imos practicar coas normas Netiqueta.
A profesora fixo un grupo de whatsapp coas familias para tratar temas da excursión.
Traballo en equipo:
Escribimos cinco regras Netiqueta para empregar nese grupo e facer que funcione correctamente.
Lemos as normas en conxunto e corriximos posibles erros.
Debatemos os aspectos tratados e engadimos o necesario conxuntamente.
Audio
Apoio visual
Creación dunha campaña dixital
Agora toca poñer en práctica os coñecementos adquiridos.
A actividade consiste en deseñar imaxes (carteis) e gravar vídeos ou audios para promover o bo comportamento en Internet, traballando en grupos.
Logo tedes que expoñer as imaxes polo centro e dar difusión aos vídeos e audios elaborados (páxina web do cole, blog, radio...)
×
×
×
×
×
×
×
Lectura facilitada
Poñemos en práctica o aprendido.
Actividade: "Promover o bo comportamento en Internet"
— Deseñar carteis.
— Gravar vídeos ou audios.
— Expoñer os traballos polo colexio.
— Dar difusión aos vídeos e audios elaborados (páxina web do cole, radio, blog...).