Glosario
Sensor
-
Definición:
É unha ferramenta que pode detectar diferentes tipos de información: luz, calor, son, movemento...
Exemplo:
-
No robot que construímos, debemos incluír un sensor de movemento.
Definición:
É unha ferramenta que pode detectar diferentes tipos de información: luz, calor, son, movemento...
Exemplo:
No robot que construímos, debemos incluír un sensor de movemento.
Nos parques de atraccións tamén se pode desfrutar de xogos de puntería, lanzamentos, habilidade... Un clásico destes xogos son as canastras nas que hai que encestar para acadar puntos que logo se cambian por premios como peluches ou xoguetes.

Ides construír a vosa propia canastra para Troula Park!
Neste caso, a canastra será automática para contar os puntos, gracias a un sensor de ultrasóns que detectará cando a pelota entre pola canastra. Na Microbit irán aparecendo os puntos. Para facer os lanzamentos, utilizaremos unha catapulta que fixestes en proxectos anteriores e una pelota de tenis de mesa. Recorda que esta catapulta permite facer os lanzamentos debido a que é unha panca, neste caso, de primeiro xénero.


Para deseñar unha canastra automática para o noso parque de atraccións, utilízanse os seguintes materiais:
No seguinte vídeo explicativo móstranse os diferentes pasos de montaxe utilizando Nezha, Microbit e outros materiais.
Para rematar, deberedes conectar a Microbit e introducir o código de programación en MakeCode. Aquí tedes un exemplo de programación, pero podedes experimentar pola vosa conta.
A canastra automática de Troula Park está rematada!
Chegou o momento de probar a vosa atracción.
Para rematar, usade esta lista de control en formato PDF (abre en unha xanela nova) e comprobade que a vosa atracción está totalmente rematada. (Formato editable)
Nun parque de atraccións podemos atopar xogos.
Un moi típico é a canastra.
O xogo consiste en encestar para acadar puntos que se poden cambiar por regalos.
Construímos unha canastra para o noso parque.
Será unha canastra automática, con sensor de ultrasóns para detectar as pelotas encestadas.
Para realizar os lanzamentos empregaremos unha catapulta (xa feita nos proxectos anteriores).
Materiais:
Os pasos para a construción podedes velos no vídeo explicativo.
A continuación, introduciredes a programación en MakeCode.
Por último, probade o xogo e competide entre vós a ver quen consegue máis puntos.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0