Saltar navegación

1.1. Imos de excursión

Un gran día

Ola! Chámome Uxía. Hoxe é un día moi especial. A nosa titora levaba uns días avisando que habería unha gran sorpresa. Non imaxinabamos o que podería ser. Quizais novos xogos de mesa para a nosa aula ou material deportivo para xogar nos recreos... De súpeto, o director e un grupo de mestres entraron na aula cunha maleta. No seu interior había uns folletos que procederon a repartir entre o alumnado. Unha excursión de fin de curso! Que gran sorpresa! Máis alegría aínda levamos cando descubrimos que visitariamos un parque de atraccións. Non o podiamos crer!

Ilustración que representa un cartel informativo sobre unha excursión

Lectura facilitada

Ola!

Chámome Uxía.

Hoxe é un día moi especial.

A nosa titora avisounos de que quería darnos unha sorpresa.

Non podiamos imaxinar o que podería ser: xogos de mesa, material deportivo...

De súpeto, chegaron á aula o director e algúns mestres cunha maleta.

No interior había uns folletos que repartiron entre o alumnado.

A excursión de fin de curso!

Que gran sorpresa!

Levamos máis alegría cando vimos que a excursión sería a un parque de atraccións.

Non o podiamos crer!

Programa da excursión

Excursión fin de curso:

  • Día 1: visita a museos.
  • Día 2: actividades na natureza.
  • Día 3: parque de atraccións.
  • Día 4: un gran musical.

Lectura facilitada

Excursión fin de curso:

Día 1: museos.
Día 2: actividades na natureza.
Día 3: parque de atraccións.
Día 4: musical.

Analizamos a excursión

  • Que actividades faremos na excursión?
  • Cantos días iremos de viaxe?
  • Cal é a actividade que máis che gusta?
  • Fixestes algunha destas actividades?
  • Que parques de atraccións coñeces?

Ilustración que representa pensar, amosa o debuxo dunha persoa e un globo de diálogo

Feito con eXeLearning (Nova xanela)