A bruxa pronunciou o feitizo e a nena converteuse en ra.
Invocar
Definición:
Chamar pedindo axuda de maneira formal ou como un ritual.
Exemplo:
Non debemos invocar á meiga durmida.
Construímos unha meiga durmida
En Troula Park, non pode faltar unha atracción que impoña un pouco de medo. Na maioría de parques temáticos hai unha zona que provoca emocións fortes de medo, sustos... Como por exemplo, as casas do terror.
Para deseñar esta atracción en Troula Park, invocaredes a aparición dunha meiga, que leva anos durmida, pero que pode espertar en calquera momento.
Unha meiga é unha palabra que se emprega, sobre todo en Galicia e Asturias, para referirse a un tipo de persoa que posúe poderes extraordinarios ou máxicos.
Tamén se definen como mulleres que son capaces de facer feitizos, botar o mal de ollo, están especialmente dotadas para a adiviñación e poden, ademais, provocar outros males.
Hai una expresión típica, moi coñecida, referida ás meigas:
"Eu non creo nas meigas, mais habelas hainas"
Neste caso, o mecanismo que produce o movemento estará formado por un servo, un eixe e unha peza amarela que irá pegada á meiga. Se o sensor de ultrasóns detecta movemento de visitantes pola zona, a meiga pode espertar e dar un gran susto.
Materiais
Para deseñar esta atracción utilízanse os seguintes materiais:
Nezha con Microbit.
Caixa de cartón.
Cartolinas para decoración e para facer a meiga.
Pistola de silicona.
Pasos a seguir
No seguinte vídeo explicativo móstranse os diferentes pasos de montaxe utilizando Nezha, Microbit e outros materiais.
Hora de programar...
Para rematar, deberedes conectar a Microbit e introducir o código de programación en MakeCode. Aquí tedes un exemplo de programación, pero podedes experimentar pola vosa conta.
Posta a punto
A meiga durmida de Troula Park está rematada!
Chegou o momento de probar a vosa atracción.
Poderiades facer que esperte e faga ruído?
A que distancia vos parece máis axeitado que detecte aos visitantes?