Glosario
Apto
-
Definición:
Que serve ou que está preparado para algo.
-
Exemplo:
-
A película é apta para todos os públicos.
A rapaza é apta para realizar a proba.
Definición:
Que serve ou que está preparado para algo.
Exemplo:
A película é apta para todos os públicos.
A rapaza é apta para realizar a proba.
Unha das atraccións que nunca pode faltar nun parque de atraccións é un carrusel. Apto para todos os públicos, o carrusel é unha gran máquina composta con forma circular con asentos, que xira ao redor dun eixe. A súa velocidade é baixa para non provocar mareos.

Ides construír o voso carrusel musical para Troula Park! Neste caso, o mecanismo que produce o movemento estará formado por un motor, un eixe e unha engrenaxe formada por dúas rodas dentadas,


A roda dentada pequena provoca unha redución da velocidade da roda dentada grande, para que o carrusel xire lentamente, e así os visitantes poderán desfrutar sen marearse.
Para deseñar un carrusel para o voso parque de atraccións, podedes utilizar moitos obxectos de refugallo que atopedes polas vosas casas ou polo colexio. Neste proposta, utilízanse os seguintes materiais:
No seguinte vídeo explicativo móstranse os diferentes pasos de montaxe utilizando Nezha, Microbit e outros materiais.
Para rematar, deberedes conectar a Microbit e introducir o código de programación en MakeCode. Aquí tedes un exemplo de programación, pero podedes experimentar pola vosa conta.
O carrusel musical de Troula Park está rematado!
Chegou o momento de probar a vosa atracción.
Para rematar, usade esta lista de control en formato PDF (abre unha xanela nova) e comprobade que a vosa atracción está totalmente rematada. (Formato editable)
Un carrusel musical é unha atracción típica dos parques de atraccións.
Serve para todos os públicos.
É unha máquina composta de forma circular, con asentos e xira arredor dun eixe.
O mecanismo estará formado por:
— Motor
— Un eixe
— Unha engrenaxe con dúas rodas dentadas
Xira a pouca velocidade para evitar os mareos
Construímos un carrusel para Troula Park
Materiais:
Os pasos para a construción podedes velos no vídeo explicativo.
A continuación, introduciredes a programación en MakeCode.
Por último, probade a atracción e experimentade con diferentes programacións e con música incluída.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0