Roubando ideas
Cos equipos xa formados anteriormente, toca poñer a mente a traballar. Canto sabemos sobre as máquinas? Que tipos de máquinas coñecemos? Que máquinas utilizamos todos os días?...
Teredes que cubrir a primeira parte desta táboa (abre unha xanela nova) ou se preferides descargar a versión editable, con cinco oracións sobre as máquinas, durante un tempo aproximado de dez minutos.
A continuación, comezará a quenda de roubar ideas. Durante este tempo, unha persoa de cada grupo poderá levantarse para espiar as oracións que escribiron os outros equipos. O proceso repetirase tres veces, de tal xeito que tres participantes serán os encargados de roubar ideas e un/ha estudante será a/o encargado de escribir as oracións na parte inferior da táboa.
Para rematar, faremos unha posta en común coas ideas de todos os grupos.

Lectura facilitada
Roubando ideas.
Cos mesmos equipos pensade ideas sobre as máquinas.
Cubride a primeira parte da táboa con cinco oracións
sobre as máquinas, durante dez minutos.
Despois unha persoa de cada grupo
poderá espiar as oracións dos outros equipos.
O proceso de roubar ideas repetirase tres veces.
Para rematar, facede unha posta en común.