Glosario
Tríptico
-
Definición:
-
É un folleto informativo dividido en tres partes.
-
Exemplo:
-
Deseñamos un tríptico co programa da nosa excursión.
Definición:
É un folleto informativo dividido en tres partes.
Exemplo:
Deseñamos un tríptico co programa da nosa excursión.
Para o bo funcionamento dunha máquina precísase que todas as pezas traballen correctamente. Do mesmo xeito, para que o noso parque de atraccións funcione adecuadamente, cómpre que todas e todos coñezades cada unha das atraccións que forman Troula Park.
Por iso, primeiramente cada grupo deberá presentar e explicar aos demais grupos da aula a atracción que lle tocou elaborar antes de crear a maqueta final. É o momento no que recibir suxestións e preguntas das nosas compañeiras e compañeiros e chegar a acordos.
Debes cubrir o documento para valorar as diferentes atraccións:
.png)
A continuación, elaboramos a maqueta final de Troula Park e preparamos a exposición.
Podedes seguir esta guía para preparar a exposición:

Deberedes controlar o tempo de exposición, de tal xeito que cada membro do grupo interveña o mesmo tempo.
Ao finalizar a vosa exposición oral é o momento de contestar ás preguntas do público.
Para que o noso parque de atraccións funcione correctamente
é preciso coñecer cada unha das súas atraccións.
Cada grupo deberá explicar aos demais a atracción que elaborou.
Debes cubrir o documento para valorar as atraccións e achegar ideas.
A continuación, elabora co teu equipo maqueta final de Troula Park e preparade a exposición.
Pasos a seguir:
— Explicar o reto e máquinas que o forman.
— Falar do máis relevante sobre as máquinas e profesións STEM.
— Falar da seguridade na rede.
— Explicar os pasos no proceso de creación da maqueta.
— Falar sobre os problemas xurdidos durante o reto.
Debes controlar o tempo e contestar ás preguntas do público.
Atendendo a Netiqueta e as normas de seguridade na rede, podemos difundir o noso proxecto en Internet. Os pasos que debemos seguir son os seguintes:
1- Elaboración dun tríptico que recolla a información máis relevante do proxecto realizado.
2- Gravación dun vídeo explicativo e subida á rede. Deste xeito, as nenas e nenos doutras escolas tamén poderán elaborar outros parques de atraccións e saber máis sobre o seu funcionamento.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0