Saltar navegación

Diario de aprendizaxe

Que é o diario de aprendizaxe?

Imaxe que representa os apartados do diario de aprendizaxe. Amosa un caderno cun lapis

Como toda gran científica/o, precisas dun diario no que ir anotando os teus pensamentos e ideas para acadar o reto proposto. Isto é o diario de aprendizaxe.

Este diario é un documento no que irás escribindo as experiencias vividas ao longo desde reto. Está composto por varias partes e preguntas que che axudarán a reflexionar sobre o que estás aprendendo.

Deberás cubrilo seguindo as indicacións do túa mestra ou mestre, pero lembra que non é para avaliar. Así que podes escribir con sinceridade para que che axude a coñecer o teu progreso no reto.

Contén algunhas actividades para facer individualmente e outras en colaboración co teu equipo. Trátase dun documento persoal e individual que che permite autoavaliarte, compartir información cos teus compañeiros/as e aprender a aprender.

Ao rematar o reto, poderás revisar o teu diario de aprendizaxe e estarás moi satisfeito do gran traballo realizado.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)