O noso reto
Unha das actividades máis atractivas que faremos na excursión de fin de curso será a visita a un parque de atraccións. Neste tipo de lugares podemos atopar montañas rusas, noras, casas do terror, restaurantes, tendas, espectáculos diversos... Para que non se nos escape ningún detalle dese fermoso día, imos deseñar na nosa aula unha maqueta dun parque de atraccións utilizando diferentes materiais segundo as posibilidades que nos ofrece o noso centro (materiais de refugallo, impresión 3D, robótica, kits de construción...)
O noso reto consistirá en deseñar e construír unha atracción do parque temático por grupo. Con todas as atraccións creadas na aula, faremos unha maqueta do noso propio parque de atraccións que deberemos expoñer a compañeiras e compañeiros do colexio e familias.
Lectura facilitada
Este curso realizaremos unha excursión de fin de curso.
Visitaremos un parque de atraccións.
Nestes lugares podemos atopar unha nora, un carrusel, unha montaña rusa, a casa do terror, restaurantes, tendas...
Para aproveitar ben ese día imos deseñar un parque de atraccións nunha maqueta.
Empregaremos distintos materiais, dependendo dos recursos dos que dispoña o centro educativo:
- Materiais de refugallo
- Impresora 3D
- Robótica
- Kits de construción
O noso reto consistirá en:
- Deseñar e construír unha atracción por grupo.
- Elaborar unha maqueta dun parque con todas as atraccións.
- Expoñer o noso traballo ao resto do alumnado e familias.
