Saltar navegación

3.1. Aprendemos

A ter en conta

Mira ao teu redor e pensa nalgún invento que uses a diario. Imaxinas como sería o mundo sen as máquinas e os avances tecnolóxicos? 

Antes de comezar a nosa aventura, debemos investigar e informarnos de todos os aspectos necesarios para a creación do noso parque de atraccións. Sen dúbida, un grande invento que nos permite desfrutar a pequenos e maiores. 

Conceptos como polea, engrenaxe, máquinas e tecnoloxía serán moi importantes nesta aventura.

Pon a túa cabeza a pensar e serás unha grande inventora ou inventor!Ilustración que representa a acción de saber

Lectura facilitada

Mira ao teu redor e pensa nun invento que empregas a diario.

Podes imaxinar como sería o teu mundo sen as máquinas
e os avances tecnolóxicos?

Primeiro debes investigar e informarte sobre os aspectos necesarios
para a creación do noso parque.

Sen dúbida, é un lugar para desfrutar pequenos e maiores.

Pon a túa cabeza a pensar e serás unha grande inventora ou inventor!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)