O parafuso é una máquina simple que deriva directamente dunha peza metálica e sempre traballa asociado a un orificio roscado.
Exemplo:
Tiven que desmontar un estante que levaba moitos parafusos.
Roda dentada
Definición:
Unha roda dentada é un mecanismo de forma circular que transmite movemento mediante “dentes”.
Exemplo:
Fixen unha engrenaxe con varias rodas dentadas.
As máquinas
Un parque de atraccións é un lugar onde podemos atopar moitas opcións de entretemento e diversión. Os visitantes dos parques buscan habitualmente experiencias únicas en atraccións que poñen as emocións ao límite. As noras, montañas rusas, coches de choque, cabaliños... están formadas por máquinas e estruturas que permiten o seu funcionamento.
Máquinas
Unha máquina é un obxecto que nos permite realizar tarefas con menos esforzo.
Estruturas
Unha estrutura é un conxunto de pezas dun corpo que ten como función protexer, sustentar e dar consistencia a ese corpo.
Ao longo do día realizamos multitude de tarefas nas que están presentes as máquinas. Un teléfono, unha bicicleta ou un coche, son máquinas, pero tamén son máquinas un coitelo, unhas tesoiras ou unha carretilla. Podemos diferenciar dous tipos de máquinas segundo a súa complexidade: máquinas simples e máquinas compostas.
Máquinas simples
O seu funcionamento é sinxelo, están formadas por poucas pezas e realizan o seu traballo nun só paso. Uns exemplos de máquinas simples son as pancas, o plano inclinado e as poleas.
Panca
Plano inclinado
Polea
Máquinas compostas
Teñen un funcionamento máis complexo. Están formadas por varias pezas e algunhas delas poden ser máquinas simples, chámanse operadores. Un operador dunha máquina pode ser un parafuso, unha roda dentada, un enchufe... Cando varios operadores se xuntan forman un mecanismo. As engrenaxes son exemplos de mecanismos, que poden estar formados por varias rodas dentadas ou por unha roda dentada e unha cadea. A función dun mecanismo é transmitir ou transformar o movemento que se produce nunha máquina.
Operadores
Mecanismos
Unha bicicleta ou os electrodomésticos que temos na casa, son exemplos de máquinas compostas.
Gústache xogar aos birlos?
Aquí podes ver un vídeo da máquina que organiza os birlos en cada quenda.
Crees que é unha máquina simple ou composta?
Lectura facilitada
Unha máquina é un obxecto que nos permite realizar traballos con menos esforzo.
Unha estrutura é un conxunto de pezas dun corpo que axudan a protexer, sustentar e dar consistencia a ese corpo.
Durante o noso día a día realizamos moitas tarefas coas máquinas.
Podemos diferenciar dous tipos de máquinas:
Máquinas simples: funcionamento sinxelo e formadas de poucas pezas.
Realizan o traballo nun paso.
As pancas, o plano inclinado e as poleas son máquinas simples.
Máquinas compostas: funcionamento complexo e formadas de varias pezas que poden ser máquinas simples.
Chámanse operadores (parafuso, roda dentada...).
Varios operadores forman un mecanismo, como as engrenaxes.
O mecanismo serve para transmitir ou transformar o movemento que se produce nunha máquina.
Unha bicicleta ou os electrodomésticos son maquinas compostas.
Audio
As máquinas simples
Pancas
As pancas están formadas por unha barra ríxida que oscila sobre un punto de apoio. Sobre este punto de apoio exércense dúas forzas:
Potencia: é a forza que aplicamos voluntariamente para conseguir un resultado.
Resistencia: é a forza oposta á que aplicamos, está causada polo obxecto que queremos mover.
Segundo como se sitúe o punto de apoio, a potencia e a resistencia, podemos diferenciar tres tipos de pancas:
Pancas de 1.º xénero
O punto de apoio sitúase entre a potencia e a resistencia.
Pancas de 2.º xénero
A resistencia sitúase entre o punto de apoio e a potencia.
Pancas de 3º xénero
A potencia sitúase entre o punto de apoio e a resistencia.
Plano inclinado
O plano inclinado é unha rampla que facilita a subida e baixada de persoas e obxectos.
Os planos inclinados deron lugar a outro tipo de máquinas:
En forma de rampla como as escaleiras.
En forma helicoidal como un parafuso.
En forma de cuña como un coitelo.
Poleas
As poleas son rodas que xiran ao redor dun eixe e que teñen o perímetro exterior deseñado para facilitar o contacto con cordas ou correas.
As poleas úsanse para subir e baixar obxectos cun esforzo menor ou transmitir movemento nas máquinas compostas.
As partes dunha polea son:
Garganta, é o canal por onde pasa a corda ou a correa.
Cubo, é a parte central da polea, por onde pasa un eixe que permite que a polea xire.
Corpo, é o elemento que une o cubo coa garganta.
Lectura facilitada
Pancas
Barra ríxida que oscila sobre un punto de apoio.
Sobre o punto de apoio exércense dúas forzas:
Potencia: forza que aplicamos para conseguir un resultado.
Resistencia: forza oposta á que aplicamos.
Hai tres tipos de pancas:
— Panca de 1º xénero: o punto de apoio está entre a potencia e a resistencia.
— Panca de 2º xénero: a resistencia está entre o punto de apoio e a potencia.
— Panca de 3º xénero: a potencia está entre o punto de apoio e a resistencia.
Plano inclinado
É unha rampla que facilita a subida e baixada de obxectos e persoas.
Deron lugar a outro tipo de máquinas como as escaleiras, un parafuso ou coitelo.
Poleas
Rodas que xiran arredor dun eixe.
O seu perímetro exterior permite o contacto con cordas ou poleas.
Úsanse para:
— Baixar ou subir obxectos con menos esforzo
— Transmitir movemento nas máquinas compostas.
Partes:
— Garganta: canal por onde pasa a corda ou correa.
— Cubo: parte central da polea, por onde pasa un eixe que lle permite xirar á polea.
— Corpo: elemento que une o cubo coa garganta.
Audio
Apoio visual
Preme para ampliar.
Roscón
2
Observa as letras, identifica e escribe as palabras que faltan.