Saltar navegación

Paseo nas alturas

 

Glosario

Diámetro

Ilustración que representa un diámetro

Definición:

      O diámetro dun círculo é a distancia recta que cruza o círculo a través do seu centro, dende un lado ao outro.

Exemplo:

O diámetro da moeda medía tres centímetros.
 

Construímos unha nora

Unha nora é unha atracción que podes atopar nalgunha festa ou parque de atraccións consistente nunha roda en posición vertical con cabinas ou simples asentos unidos, que funciona xirando (mediante un mecanismo ou motor) arredor dun eixe. Úsanse para ver a paisaxe próxima ou para experimentar sensacións nas alturas… 

O London Eye é unha gran nora situada á beira do río Támesis en Londres, Reino Unido. É a nora máis alta de Europa, sendo a atracción turística máis popular do Reino Unido con máis de 3,75 millóns de visitantes ao ano. Ten 135 metros de altura e o círculo da nora ten un diámetro de 120 metros.

Fotografía que mostra a nora de Londres

Ides construír a vosa propia nora para Troula Park! Unha nora é unha gran máquina composta. Neste caso, o mecanismo que produce o movemento estará formado por un motor, un eixe e unha engrenaxe formada por dúas rodas dentadas.

imaxe que mostra o mecanismo que fai xirar a nora

A roda dentada pequena provoca unha redución da velocidade da roda dentada grande, para que a nora xire lentamente, e así os visitantes poderán desfrutar das vistas neste fermoso paseo polas alturas.

                                                                                                 

Materiais

Para deseñar unha nora para o noso parque de atraccións, podedes utilizar moitos obxectos de refugallo que atopedes polas vosas casas ou polo colexio. Nesta proposta, utilízanse os seguintes materiais:

  • Nezha con Microbit.
  • Cartón pluma.
  • Ironfix negro ou doutra cor.
  • Moldes de magdalenas de cores ou cápsulas de café.
  • Cordón fino
  • Pistola de silicona
  • Elementos decorativos autoadhesivos
  • Compás e regra
  • Lapis

Pasos que debemos seguir

No seguinte vídeo explicativo móstranse os diferentes pasos de montaxe utilizando Nezha, Microbit e outros materiais.

                                                                                       

Hora de programar...

Para rematar, deberedes conectar a Microbit e introducir o código de programación en MakeCode. Aquí tedes un exemplo de programación, pero podedes experimentar pola vosa conta.

Ilustración que representa a programación do proxecto

Posta a punto

A nora de Troula Park está rematada! 

Chegou o momento de probar a vosa atracción. 

  1. Poderiades facer que xire un tempo nun sentido e logo cambie de sentido?
  2. A que velocidade vos gusta que xire? 

Para rematar, usade esta lista de control en formato PDF (abre unha nova xanela) e comprobade que a vosa atracción está totalmente rematada. (Formato editable)

Lectura facilitada

Unha nora é unha atracción moi coñecida.

Trátase dunha roda en posición vertical  con asentos que xira arredor dun eixe.

Poden empregarse para ver paisaxes ou experimentar sensacións coas alturas.

Unha das noras máis coñecidas é o London Eye, en Londres.

É a nora máis alta de Europa e a máis popular no Reino Unido.

Ides construír unha nora.

É unha máquina composta e o mecanismo que a move está formado por:

— Motor

— Eixe

— Engrenaxe con dúas rodas dentadas

Materias necesarios:

  • Nezha con Microbit.
  • Cartón pluma.
  • Ironfix.
  • Moldes de magdalenas ou cápsulas de café.
  • Cordón fino.
  • Pistola de silicona.
  • Elementos decorativos autoadhesivos.
  • Compás e regra.
  • Lapis.

Os pasos para a construción podedes velos no vídeo explicativo.

A continuación, introduciredes a programación en MakeCode.

Por último, probaredes a atracción e experimentaredes con diferentes programacións.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)