Maquinando
Para a segunda práctica cambiaremos de máquina simple e traballaremos con poleas. Para iso, seguiremos os pasos do método científico igual que na primeira práctica. Temos a opción de descargar a seguinte ficha en formato PDF (abre unha xanela nova) para ir seguindo o proceso de aprendizaxe ou en formato editable.
Preme nos títulos para descubrir a tarefa.
1º Observación
A polea é unha máquina simple que está presente en moitas máquinas que usamos habitualmente.
Prestade atención a estas imaxes e identificade que máquina simple observades.




Pensade noutras máquinas que poidan utilizar esta máquina simple.
Podemos facer unha posta en común na clase para ver cantos aparellos formados por poleas descubrimos!
2º Formulación de preguntas
Agora fixádevos nas imaxes anteriores e procurade pensar nas respostas a estas preguntas.
Para que serven estas máquinas que podedes observar nas imaxes?
Credes que se non facemos uso das poleas.... Poderiamos subir e baixar cousas coa mesma facilidade?
Que é unha polea?
Cales son as partes dunha polea?
Para que nos serven?
3º Hipótese
Imos facer un estudo científico usando as poleas. Neste caso construiremos simplemente unha polea.
Nesta práctica imos comprobar a seguinte hipótese: ao exercer a forza nun extremo da corda cara abaixo, o outro extremo sobe, permitindo subir e baixar obxectos con menos esforzo. Ademais, a altura que sobe o obxecto coincide coa lonxitude da corda pola que tiramos noutro extremo.
4º Experimentación
Seguindo este vídeo, podedes construír a vosa propia polea.
Probade a utilizar a polea e comprobar que permite a subida e baixada de obxectos.
5º Análise de datos
Que sucede cando aplicamos a forza no extremo da corda?
Que necesitamos para subir un obxecto moi alto?
Credes que se tivésemos que levantar un obxecto a unha grande altura sen utilizar poleas, habería máis risco de accidentes?
Usade a regra e tomade nota da lonxitude da altura que sube o obxecto. A continuación, mediremos a lonxitude da corda que se desprazou noutro extremo. Que sucede?
Para rematar, experimentade coa vosa polea creada subindo e baixando diferentes tipos de obxectos.
Lectura facilitada
A nosa segunda práctica será construír unha polea.
Para deseñala seguiredes os pasos do método científico.
1. Observación
A polea é unha máquina simple que podemos atopar en moitos obxectos que empregamos a diario.
Observade as imaxes dadas e identificade algunha máquina simple.
Pensade noutras máquinas que empreguen poleas.
Facede unha posta en común con todos os obxectos con poleas que atopastes.
2. Formulación de preguntas
Fixándovos nas imaxes anteriores respondede ás seguintes preguntas:
Para que serven estas máquinas?
Se non facedes uso das poleas, poderiades subir e baixar cousas coa mesma facilidade?
Que é unha polea?
Cales son as partes dunha polea?
Para que nos serven?
3. Hipótese
Ides facer un estudo científico e construír unha polea.
A catapulta é un instrumento que empregaban os exércitos na antigüidade para defenderse dos ataques inimigos.
Constaba dunha panca para lanzar obxectos.
Con esta práctica comprobaredes a seguinte hipótese:
"Ao exercer a forza nun extremo da corda cara abaixo, o outro extremo sobe, permitindo subir e baixar obxectos con menos esforzo".
4. Experimentación
Observade o vídeo e seguide os pasos para construír a polea.
Probade a polea.
5. Análise e datos
Que sucede cando aplicamos a forza no extremo da corda?
Que necesitades para subir un obxecto moi alto?
Se tivésedes que levantar un obxecto a unha grande altura sen poleas habería máis risco de accidentes?
Usade a regra e tomade nota da lonxitude da altura que sobe o obxecto.
Logo mediredes a lonxitude da corda que se desprazou noutro extremo.
Que sucede?
Para rematar, xogade coas nosas poleas subindo e baixando diferentes tipos de obxectos.




