Corpo que emite luz propia por estar sometido a temperaturas moi altas.
Exemplo:
Non debemos tocar a lámpada incandescente xa que está moi quente.
Pasteurizar
Definición:
Someter un alimento a unha temperatura de 70 °C ou 80 °C e arrefrialo a continuación bruscamente para que non perda as propiedades nutritivas.
Exemplo:
O leite pasteurizado elimina as bacterias prexudiciais.
Influencia tecnolóxica
O ser humano a través da experimentación co medio que nos rodea desenvolve avances tecnolóxicos que melloran a nosa calidade de vida. A tecnoloxía está presente na nosa vida cotiá, proporcionando facilidades e mellorando o traballo na sociedade actual. A continuación, podemos ver os avances tecnolóxicos no fogar e no transporte.
Avances tecnolóxicos no fogar
Iluminación: A finais do século XIX, Thomas Alva Edison creou a lámpada incandescente. Esta lámpada funciona pasando corrente eléctrica por un filamento que se quenta e emite luz. Isto permitiu substituír o alumeado con lume, facendo os fogares lugares máis seguros.
A electricidade: Un tipo de enerxía que se produce nas centrais eléctricas e dende alí se distribúe mediante cables ata as nosas casas. Unha vez a electricidade chega ás casas, repártese pola vivenda a través de cables que se agochan nas paredes para acender lámpadas, electrodomésticos... Foi no século XIX, cando Nikola Tesla ideou un sistema de transporte de enerxía eléctrica.
A auga potable: Outro importante avance é a auga potable de fácil acceso. O simple acto de abrir unha billa e obter auga potable ao instante é un grande avance. Para que isto fose posible, a auga ten que someterse a un proceso de purificación chamado potabilización, que permite consumila sen perigos. Este proceso consta de varias fases nas que a auga vai pasando por varios filtros. Ademais, precisa o emprego de produtos químicos que eliminan os microorganismos prexudiciais.
A conservación de alimentos: Os alimentos en conservas, os envasados ao baleiro, a refrixeración e a pasteurización son exemplos dos avances tecnolóxicos no campo da alimentación.
Avances tecnolóxicos nos transportes.
Sen dúbida os avances nos transportes facilitaron os desprazamentos gañando en tempo e benestar persoal. Primeiro apareceron os transportes terrestres, logo os marítimos e, por último, os aéreos. Os medios de transporte fan posible o desprazamento de mercadorías e persoas por todo o mundo.
Transporte terrestre: Podemos destacar a invención da roda hai máis de 5.000 anos. A partir da súa creación xurdiron as bicicletas, as motos ou os coches.
Transporte marítimo: Primeiramente creáronse embarcacións que se movían coa enerxía das persoas ou coa enerxía do vento.
Transporte aéreo: Tras as primeiras avionetas e avións, chegamos a inventar ata naves espaciais.
Un dos grandes inventores neste sector foi James Watt, o creador da máquina de vapor no século XVIII. Esta máquina foi unha revolución nos medios de transporte. Funcionaba co vapor de agua que se xeraba durante a combustión do carbón. Este vapor de agua introducíase a presión por uns cilindros e producían o movemento.
×
×
Lectura facilitada
A tecnoloxía está presente nas nosas vidas e facilita e mellora o traballo na nosa sociedade.
Exemplos de avances tecnolóxicos no fogar e no transporte:
Avances tecnolóxicos no fogar:
— A iluminación: a invención da lámpada por Thomas Alva Edison, no Século XIX (dezanove)
Permitiu substituír o alumeado con lume.
Os fogares volvéronse máis limpos e seguros.
— A electricidade: tipo de enerxía que se produce nas centrais eléctricas e chega ás nosas casas.
Repártese polas vivendas a través de cables e acende as lámpadas, electrodomésticos...
Foi Tesla, no Século XIX (dezanove), o que inventou este sistema de transporte de enerxía.
— A auga potable: para consumir auga sen perigo debe estar potabilizada.
É un proceso que ten varias fases e precisa de produtos químicos para eliminar substancias prexudiciais.
— A conservación de alimentos: as conservas, envasados ao baleiro, refrixeración e pasteurización son exemplos de avances tecnolóxicos no sector da alimentación.
Avances tecnolóxicos nos transportes:
— Transporte terrestre: dende a invención da roda foron xurdindo avances como as bicicletas, motos, coches...
— Transporte marítimo: nun principio inventáronse barcos que se movían coa enerxía das persoas ou do vento.
— Transporte aéreo: dende as primeiras avionetas e avións, chegamos ata as naves espaciais.
A revolución nos medios de transporte produciuse no século XVIII (dezaoioto) coa invención da máquina de vapor por James Watt.
Audio
Unha ollada ao pasado
Imaxina a túa vida sen coche para desprazarte, sen televisión nin Internet ou sen menciña para cando enfermas. Os avances en ciencia e tecnoloxías cambiaron a nosa forma de vivir e a nosa saúde.
Se pensamos na nosa excursión a un parque de atraccións, decatarémonos que está chea de avances tecnolóxicos: a viaxe en autobús, a comunicación por teléfono ou correo electrónico para reservar as entradas ao parque ou a programación por ordenador das atraccións.
Outros avances moi importantes foron:
Medicina
Antigamente, empregábanse só os recursos naturais como medicamentos. Os avances en medicina están relacionados co descubrimento de novos aparatos e compostos para curar enfermidades.
Penicilina: O científico Alexandre Fleming no século XX, descubriu a penicilina. Este antibiótico foi un dos medicamentos máis usados para curar enfermidades causadas por bacterias.
Vacinas: A vacina da varíola ou a vacina da Covid-19 permitiron que as enfermidades víricas non se transmitisen e reduciron a mortalidade.
Raios X: grazas a eles as médicas e médicos poden ver aos pacientes por dentro.
Arte
As pintoras e pintores pasaron de empregar lenzos a aparellos dixitais que lles permiten outra visión da arte.
O mesmo ocorreu coas técnicas de composición musical, xa que hoxe en día pódense crear cancións a través dun ordenador sen necesidade de instrumentos.
Cine
Os irmáns Lumière presentaron o cinematógrafo no 1895. Esta máquina permitía filmar e proxectar imaxes en movemento. Trátase do predecesor das cámaras audiovisuais de hoxe en día.
Información e comunicación
Con invención da imprenta no século XV, a cultura chegou a moitas máis persoas. A imprenta permitiu producir xornais en pouco tempo o que facilitou que a información chegase a máis poboación. Posteriormente apareceu o teléfono e a radio, permitindo mellorar as comunicacións de xeito considerable.
Pero, sen dúbida, o grande avance foi a chegada de Internet, a finais do século XX. Internet revolucionou as comunicacións, facilitando o contacto ao instante con persoas que están moi lonxe.
Estes avances tecnolóxicos e as máquinas fan posible que podamos desfrutar de elementos de ocio no noso día a día.
×
Lectura facilitada
Sabemos que os avances da ciencia e da tecnoloxía cambiaron a nosa forma de vida e a nosa saúde.
Algúns dos avances máis importantes foron os seguintes:
Na medicina:
— A Penicilina: un dos medicamentos máis empregados para curar enfermidades causadas por bacterias.
O inventor foi Fleming no século XX (vinte).
— As vacinas: permiten que algunhas enfermidades non se transmitan e reducen a mortalidade (Covid -19).
— Os Raios X: permiten ás médicas e médicos ver o noso corpo por dentro.
Arte:
— As pintoras e pintores empregan aparellos dixitais en lugar de lenzos que lles permiten dar outra visión ó arte.
— Nas técnicas de composición musical, agora non se necesitan instrumentos.
Podemos facelo cun ordenador.
O cine:
— A invención do cinematógrafo, por parte dos irmáns Lumière (1895), permitiu proxectar e filmar imaxes en movemento.
Agora é o procesador das cámaras audiovisuais.
Información e comunicación:
— A invención da imprenta supuxo que a cultura chegara a máis persoas.
Permitiu facer xornais en pouco tempo.
Foi no século XV (quince).
— Máis tarde, a aparición da radio e o teléfono, permitiron mellorar as comunicacións.
— A finais do século XX (vinte) chegou o grande avance tecnolóxico: Internet.
Foi o avance que revolucionou as comunicacións e facilitou o contacto no momento coas persoas a distancia.