Diario de aprendizaxe

Temos un gran reto por diante e seguro que a túa mente xa está a idear posibles solucións. Pero... Onde as anotamos? Tranquilidade. Para iso está o diario de aprendizaxe, o que te acompañará durante esta viaxe.
Dedica uns minutos a ler as explicacións sobre o seu uso, que podes atopar no apartado do diario de aprendizaxe.
Agora que xa sabes o que é o diario de aprendizaxe, deberás realizar as actividades correspondentes á fase 1.
Nesta fase coñeciches a excursión que vai facer Uxía a un parque de atraccións e o reto no que debedes traballar. Pensa e reflexiona antes de escribir.