Glosario
Adrenalina
-
Definición:
É unha hormona que se libera en situacións de tensión ou perigo.
Exemplo:
-
Subiu a unha montaña rusa e tivo unha boa descarga de adrenalina.
Definición:
É unha hormona que se libera en situacións de tensión ou perigo.
Exemplo:
Subiu a unha montaña rusa e tivo unha boa descarga de adrenalina.
Unha montaña rusa é unha atracción dos parques de diversións que consiste nunha vía elevada con curvas, pendentes pronunciadas e xiros intensos.
Estas atraccións están deseñadas para proporcionar unha experiencia emocionante e chea de adrenalina, onde os vagóns se desprazan a gran velocidade.

Ides construír a nosa propia montaña rusa para Troula Park! Unha montaña rusa é unha gran máquina composta. Neste caso, o mecanismo que produce o movemento estará formado por un motor, un eixe, dúas poleas e unha corda.
Para este proxecto utilizaredes unha das ramplas de proxectos anteriores, que están deseñadas cun plano inclinado, que é unha máquina simple.


Para deseñar unha montaña rusa para o noso parque de atraccións, podedes utilizar moitos obxectos de refugallo que atopedes polas vosas casas ou polo colexio. Nesta proposta, utilízanse os seguintes materiais:
No seguinte vídeo explicativo móstranse os diferentes pasos de montaxe utilizando Nezha, Microbit e outros materiais.
Para rematar, deberedes conectar a Microbit e introducir o código de programación en MakeCode. Aquí tedes un exemplo de programación, pero podedes experimentar pola vosa conta.
A montaña rusa de Troula Park está rematada!
Chegou o momento de probar a vosa atracción.
Para rematar, usade esta lista de control en formato PDF (abre en unha xanela nova) (abre en unha xanela nova) e comprobade que a vosa atracción está totalmente rematada. (Formato editable)
A montaña rusa é unha das atraccións máis divertidas dos parques de atraccións.
Consiste nunha vía elevada con curvas, pendentes pronunciadas e xiros bruscos.
Estas atraccións son para proporcionarvos unha experiencia emocionante.
Ides construír unha montaña rusa para o noso parque.
O mecanismo desta atracción estará formado por:
— Un motor
— Un eixe
— Dúas poleas
— Unha corda
Materiais:
Os pasos para a construción podedes velos no vídeo explicativo.
A continuación, introduciredes a programación en MakeCode.
Por último, probade a atracción.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0