Chegou o momento de crear o noso lugar favorito cheo de emocións!
Nun parque de atraccións podemos apreciar os avances da ciencia, con maquinaria de todo tipo para que funcionen as atraccións, cines con realidade virtual, aplicacións para os teléfonos con todo tipo de información e comodidades...
Deberemos aprender moito antes de comezar o noso ilusionante reto!
Arrincamos motores!.png)
Lectura facilitada
É a hora de crear o noso lugar favorito cheo de emocións.
Nun parque de atraccións podemos observar diferentes aspectos:
— Avances da ciencia
— Maquinaria empregada para que funcionen as atraccións.
— Cines con realidade virtual.
— Diferentes aplicacións para os móbiles...
Deberemos aprender moito antes de comezar o noso reto.
Arrincamos motores!