Próbate!
Seguro que sabes moitas cousas sobre as máquinas, a ciencia, a tecnoloxía... Nestas actividades que se presentan poderás demostrar todos os teus coñecementos!
Seguro que sabes moitas cousas sobre as máquinas, a ciencia, a tecnoloxía... Nestas actividades que se presentan poderás demostrar todos os teus coñecementos!
Sabemos que as nosas vidas dependen das máquinas e axúdannos a realizar un montón de tarefas a diario. Le con atención as definicións para cada máquina oculta e utiliza as pistas se o necesitas.
As máquinas nas nosas vidas!
Imos facer unha actividade para recoñecer algunhas máquinas comúns nas nosas vidas e facer un pouco de reflexión.
Debes cubrir os datos sobre as máquinas que observes nos debuxos. Tes que descargar e cubrir esta ficha (abre unha xanela nova) ou se prefires en versión editable. Despois, presenta as túas respostas ao resto do alumnado e comparade as vosas opinións.
Como se chama a máquina desta foto?
Cal é a súa función?
Coñeces máis máquinas que teñan a mesma función?
Recoñeces o aparato da imaxe?
Cal é a principal función para que foi inventado, segundo a túa opinión?
Agora temos estes aparellos moito máis modernos. Teñen funcións engadidas aos que foron inventados nun principio?
Coñeces o nome desta máquina, moi empregada nos nosos fogares?
Podes imaxinar e exemplificar como se tería que realizar o seu traballo se esta máquina non fose inventada?
Como se chama esta máquina?
Que usos podemos facer e en que nos pode prestar axuda nas nosas vidas?
Poderías nomear algunha máquina que teña funcións similares?

Recapacita sobre a forma na que usas de Internet.
Toca reflexionar sobre as ameazas que podes sufrir no mundo dixital e as medidas que son axeitadas para poder evitalas. Debes pensar e escribir P (positivo) ou N (negativo) en cada enunciado segundo consideres. Descarga a ficha (abre unha xanela nova), tamén en versión editable.
Cando completes a ficha, podes intercambiar as túas opinións co resto da clase.
Por último, elabora uns carteis coas recomendacións e estratexias para fomentar o benestar dixital.
|
Poden favorecer unha vida moi inactiva e sedentaria. |
|
|
Dannos acceso a gran cantidade de información. |
|
|
Podemos pasar moito tempo illadas/os das demais persoas. |
|
|
Permítennos coñecer xente por Internet. |
|
|
Poden causar adicións. |
|
|
Permítennos gozar de novas formas de entretemento e diversión. |
|
|
Podemos compartir fotos e vídeos con xente descoñecida. |
|
|
Non debemos acceder a Internet cunha persoa adulta xa que podemos facelo sós. |
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0