Formamos equipos
A ciencia é o proceso de aprender sobre o mundo natural mediante a observación e a experimentación. Ao longo da historia houbo grandes científicos e tamén importantes científicas que acadaron logros que posibilitaron avances na medicina, na tecnoloxía, na astronomía...
Un bo científico ou unha boa científica nunca traballa sen axuda, necesita contar cun grande equipo. Empregade as Tarxetas de mulleres científicas (abre unha xanela nova) para facer equipos de 4 estudantes. Tarxetas mulleres científicas (versión editable)
Como veredes, cada tarxeta leva escrito o nome dunha científica acompañada dunha imaxe. Pola parte de atrás, atoparás un texto resumo informativo relacionado coa protagonista. Unha persoa repartirá as tarxetas a todo o alumnado. Logo, deberedes agruparvos as e os estudantes que teñades as mesmas tarxetas.
Non esquezades inventar un nome para o voso equipo relacionado coa ciencia.
Lectura facilitada
A ciencia consiste en aprender a través da observación e experimentación.
Houbo grandes científicos e tamén importantes científicas.
Un bo científico ou científica necesita contar cun equipo.
Facede equipos de 4 estudantes empregando as tarxetas de científicas.
Agrupádevos os que teñades a mesma científica.
Por detrás de cada tarxeta hai información sobre a científica.