Actividades
Seguro que aprendiches moitas cousas sobre as máquinas, a ciencia, a tecnoloxía, o uso das redes sociais.... Nestas actividades que se presentan poderás demostrar todos os teus coñecementos!
Seguro que aprendiches moitas cousas sobre as máquinas, a ciencia, a tecnoloxía, o uso das redes sociais.... Nestas actividades que se presentan poderás demostrar todos os teus coñecementos!
Marca verdadeiro ou falso segundo corresponda co uso correcto e responsable das redes sociais.
Verdadeiro
É verdadeiro: o ciberacoso é un problema grave e moi común nas redes sociais e do que debemos informar sempre que teñamos algunha sospeita de que pode estar a ocorrer.
Falso
Falso: toda información privada que compartamos nas redes sociais debe ser baixo previa autorización.
Verdadeiro
Verdadeiro: o correcto é empregar estos signos para unha mellor comunicación.
Falso
Falso: nunca debemos compartir os datos persoais nas redes sociais con ninguén.
Verdadeiro
Verdadeiro: é recomendable que os nosos contrasinais en Internet sexan longos e con símbolos para protexer a nosa privacidade.
Falso
Falso: o correcto das normas de Netiqueta é utilizar unha linguaxe correcta e non ofensiva en ningún momento.
Falso
Falso: as normas de Netiqueta aplícanse a todas as persoas que se comunican nas redes sociais.
Falso
Falso: o correcto é non escribir en letra maiúscula xa que nun chat se considera que estás berrando.
Clasifica cada obxecto co tipo de panca á que pertence: primeiro grao, segundo grao ou terceiro grao.
Nesta ocasión toca reflexionar e pensar de forma crítica sobre como pode influír a tecnoloxía nas nosas vidas e, sobre todo, como poden afectar as máquinas ao medio ambiente.
Contesta ás seguintes preguntas:
Por último, debatemos en grupo as respostas e chegamos a conclusións importantes para podelas levar a cabo no día a día e que nos fagan reflexionar sobre o que estamos a facer co noso planeta, e así intentar coidalo un pouco mellor do que o estamos a facer na actualidade.
Nesta ocasión toca reflexionar e pensar de forma crítica sobre como pode influír a tecnoloxía nas nosas vidas.
Tamén é importante pensar en como poden afectar as máquinas ao medio ambiente.
Contesta as seguintes preguntas:
— Todas as máquinas axudan ao medio ambiente? Explica a túa resposta.
— Que máquinas cres que contaminan máis?
— Como poderiamos facer para que as máquinas fosen máis ecolóxicas?
— Como cres que afecta o uso dos vehículos ao noso planeta?
— Cres que sería posible vivir sen a tecnoloxía na actualidade? Por que?
Por último, debatemos en grupo as respostas obtidas e chegamos a conclusións importantes para poder levar a cabo e que nos fagan reflexionar de como coidar o planeta.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0