Saltar navegación

3.3. Creamos

Agora que xa aprendemos a usar algunhas das máquinas simples máis importantes, é o momento de traballar en grupo para crear o noso parque de atraccións: Troula Park. Unha maqueta é unha creación a tamaño reducido dunha construción. Neste caso, a vosa maqueta amosará diferentes atraccións realizadas con máquinas simples ou compostas.

Ilustración que representa unha maqueta

Descrición 

Cada grupo elaboraredes unha atracción do parque:

  • Tour de emocións, onde daremos un paseo nun vehículo para coñecer o parque.
  • Pura adrenalina, unha especie de montaña rusa sinxela.
  • A meiga durmida, para levar un bo susto.
  • Paseo nas alturas, neste caso unha fermosa nora.
  • A canastra automática, o clásico xogo de encestar que podemos atopar en parques e festas.
  • Un carrusel musical, non poden faltar os cabaliños.

Cada grupo decidiredes os elementos decorativos da maqueta. 

Preparación 

    • Grupos formados previamente por catro nenas/os, segundo as tarxetas que vos tocaron ao comezo do proxecto.
    • Cada grupo elabora a súa atracción. Logo xuntaremos todo nunha gran maqueta.
    • Lembrade que, antes de recortar e pegar, primeiro deberedes pensar, buscar ideas, organizar e deseñar.
    • Traballade en grupo, polo que non debedes esquecer que a opinión de cada membro é moi importante, debendo respectar as diferentes ideas e chegar a acordos.  
    • Para rematar, decoraredes a gran maqueta entre todos e todas.

Exposición

Unha vez rematadas as maquetas é o momento de amosar ao resto da escola e ás familias o noso gran traballo e o moito que aprendestes sobre as máquinas.

Ilustración que representa unha maqueta

Lectura facilitada

Xa aprendestes moitas cousas sobre as máquinas simples máis importantes.

Agora, traballade en grupo para realizar o noso parque: Troula Park.

Construíde unha maqueta en tamaño reducido.

Descrición:

  • Cada grupo elabora unha atracción:

     — Tour

     — Montaña rusa

     — Nora

     — A canastra

     — Carrusel musical

     — A meiga durmida

Preparación:

  • Formade grupos de catro persoas.
  • Cada grupo elabora a súa atracción.
  • Respectade as ideas de todo o grupo.
  • Decorade a maqueta.

Exposición:

  • Xa rematado a traballo, expoñelo ao resto do alumnado e familias.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)