Troula Park está a punto de abrir as súas portas. Ao longo destas sesións, axudaches a Uxía e as súas compañeiras/os a indagar e coñecer máis sobre as máquinas e os avances tecnolóxicos. Non só iso, tamén creastes por grupos diferentes atraccións que compoñen un parque de aventuras.
Agora é momento de xuntar as atraccións nunha soa maqueta, para amosar e compartir este gran proxecto. Logo, deberedes preparar a exposición da vosa maqueta, onde explicaredes o proceso de elaboración, as fontes de información empregadas e as reflexións xurdidas ao longo do reto. Darédesvos conta de canto aprendestes durante estas sesións.

Lectura facilitada
Trola Park está a punto de abrir as súas portas.
Ao longo destas sesións, axudaches a Uxía e as súas compañeiras/os a coñecer
mellor as máquinas e os avances tecnolóxicos.
Tamén creastes diferentes atraccións que forman parte dun parque de aventuras.
Agora é o momento de xuntar as atraccións nunha maqueta e amosar e compartir o proxecto.
Logo deberedes preparar a vosa exposición, onde explicaredes:
— O proceso de elaboración
— Fontes de información empregadas
— Reflexións que xurdiron ao longo do reto
Con todo o traballado realizado, decatarédesvos do que aprendestes nestas sesións.