Saltar navegación

Reto Extra - Manual

Imos co manual!

Comezamos o deseño do noso manual! A continuación veredes, paso a paso, unha pequena guía que vos axudará a facer e construír o manual para o problema que queredes solucionar. Estades preparados e preparadas?

Nos esquezas a importancia dos contidos!

Pictograma dun manual

Lectura facilitada

Comezamos a deseñar o noso manual!

A continuación, veredes unha guía paso a paso.

Axudaravos a construír o manual

para resolver o problema.

Estades preparadas e preparados?

Non esquezades a importancia dos contidos.

Comezo co manual: portada (título e imaxe)

Agora que xa tedes os vosos contidos podedes comezar a elaborar o reto escollido. Comezade por poñerlle un título rechamante. 

Escollede un título que axude dun xeito rápido a recoñecer o fin do voso manual. A continuación, verás unha mostra de onde o podedes incluír en función do formato que decidades escoller: 

1. Como poñemos o título?

Se decidides realizar o manual co voso portátil teredes que comezar a deseñalo en LibreOffice Draw. Poderemos incluír un título cun formato predefinido do Draw. 

Para iso:

Inserir FontWork

1. Vaite ao menú superior e fai clic nesa letra F que podes ver na imaxe.

Inserir FontWork 1

2. Aparecerá a Galería de FontWork, escolle o deseño que máis che guste.
Inserir FontWork 2

3. Fai clic en "Aceptar" cando selecciones o deseño que queres.

Inserir FontWork 3

4. Para agregar texto fai dobre clic enriba do texto. Poderás editar e escribir o que queiras. Fai clic fóra en calquera parte do folio para ver como queda.

 Deformar FontWork

5. Se fas clic de novo no texto aparecerán uns cadros ao arredor.

Selecciona, por exemplo, un do das esquinas para poder cambiarlle o tamaño ao teu gusto.

2. Onde o colocamos?

Só resta colocar o título no lugar que prefirades do documento. 

Exemplo de título

3. E se o facemos en papel, cartolina... Como poño o título?

Se decidides realizar o manual nun formato físico, nunha cartolina ou papel, seguiredes o mesmo esquema proposto. Escolleredes cores ou rotuladores do voso agrado.

Pictograma escribir o título

4. Metemos unha imaxe na nosa portada

Para meter unha imaxe na vosa portada só tedes que facer o seguinte.

Inserir imaxe

1. Fai clic na icona que ten unha paisaxe debuxada.

Inserir imaxe 1

2. Busca a imaxe no teu ordenador e preme no botón azul do lado superior dereito que pon "Abrir".

 Imaxe portada

3. Coloca a imaxe no lugar que queiras. Podes tamén cambiar o seu tamaño nos cadrados das esquinas.

Lectura facilitada

Agora que xa tedes os vosos contidos,

podedes comezar a elaborar o reto escollido.

Comezade por poñerlle un título rechamante. 

Escollede un título que axude dun xeito rápido

a recoñecer o fin do voso manual.

A continuación veredes unha mostra de onde o podes incluír.

1. Como poñemos o título?

Se decidides realizar o manual co voso portátil

teredes que comezar a deseñalo en LibreOffice Draw.

Podedes incluír un título cun formato predefinido do Draw. 

Para iso:

Inserir FontWork

1. Vaite ao menú superior e fai clic nesa letra F que podes ver na imaxe.

Inserir FontWork 1

2. Aparecerá a Galería de FontWork. Escolle o deseño que máis che guste.
Inserir FontWork 2

3. Fai clic en "Aceptar" cando selecciones o deseño que queres.

Inserir FontWork 3

4. Para agregar texto fai dobre clic enriba do texto.

Poderás editar e escribir o que queiras.

Fai clic fóra, en calquera parte do folio, para ver como queda.

 Deformar FontWork

5. Se fas clic de novo no texto aparecerán

uns cadros ao arredor.

Selecciona, por exemplo, un do das esquinas

para poder cambiarlle o tamaño ao teu gusto.

2. Onde o colocamos?

Só resta colocar o título no lugar

que prefirades do documento. 

Exemplo de título

3. E se o facemos en papel, cartolina... Como poño o título?

Se decidides realizar o manual nun

formato físico, nunha cartolina ou papel,

seguiredes o mesmo esquema proposto.

Escollede cores ou rotuladores do voso agrado.

Pictograma escribir o título

4. Metemos unha imaxe na nosa portada

Para meter unha imaxe na vosa portada só tedes que facer o seguinte.

Inserir imaxe

1. Fai clic na icona que ten unha paisaxe debuxada.

Inserir imaxe 1

2. Busca a imaxe no teu ordenador e preme no botón azul

do lado superior dereito que pon "Abrir".

 Imaxe portada

3. Coloca a imaxe no lugar que queiras.

Podes tamén cambiar o seu tamaño nos cadrados das esquinas.

As persoas autoras e o índice

Os seguintes puntos serán as persoas autoras e o índice. Tamén pensaredes que apartados poñer no voso índice. Non podedes esquecer que tedes xa os contidos elaborados noutro ficheiro grazas ao traballado feito na fase anterior. Daravos ideas de que apartados do índice poñer. Por iso debedes telos sempre á man. 

Lectura facilitada

Os seguintes puntos serán as persoas autoras e o índice.

Tamén decidiredes que seccións incluír no índice.

Non esquezades que xa tedes os contidos noutro ficheiro

grazas ao traballo anterior.

Mantén eses ficheiros a man.

Introdución e resto de contidos

O voso manual xa vai collendo forma. Agora xa podedes ir colocando a introdución e os contidos do manual. Mirade algunhas ideas de deseño.

Lectura facilitada

O voso manual xa vai collendo forma.

Xa podedes ir colocando a introdución

e os contidos do manual.

Aquí tedes algunhas ideas de deseño.

Resultado final

Chegastes ao final do manual. Dádelle unha revisión a todos os apartados e escollede un lugar axeitado para a súa colocación. Xa case tedes o voso reto completado. Parabéns!

Pictograma celebrar

Lectura facilitada

Chegastes ao final do manual.

Dádelle unha revisión a todos os apartados.

Escollede un lugar axeitado para a súa colocación.

Xa case tedes o voso reto completado.

Parabéns!

Como se avalía o noso reto?

Tede en conta que se vai avaliar como o facedes.  Esta rúbrica axudaravos a saber que debedes ter en conta.

Rúbrica coavaliación

Lectura facilitada

Tede en conta que se vai avaliar como o facedes. 

Esta rúbrica axudaravos a saber

que debedes ter en conta.

Rúbrica coavaliación

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)