Saltar navegación

1. Un cole descontrolado!

 

Glosario

Diversidade

Pictograma de diversidade

Definición:

Son as diferenzas que podemos atopar dentro dun grupo, ou dito doutra forma, a calidade de posuír variedade.

Exemplo:

Na nosa escola hai unha gran diversidade de persoas e fálanse unha gran diversidade de linguas.

Diversidade Lingüística

Pictograma de diversidade lingüística

Definición:

Proporción de linguas distintas que se falan nun mesmo territorio ou área xeográfica.

Exemplo:

Europa é un continente cunha gran diversidade lingüística.

Emoticonas

Pictograma que representa a emoción de estar namorado

Definición:

Pequenas imaxes ou iconas dixitais que se usan en comunicacións dixitais. Representan unha emoción, un obxecto, unha idea...

Exemplo:

Uxía sempre usa moitas emoticonas cando fala por mensaxería EDIXGAL.

Gramática

Pictograma que representa normas

Definición:

É o conxunto de normas que temos que seguir para escribir e falar correctamente unha lingua.

Exemplo:

 A gramática da Lingua Galega é moi bonita.

Imperativo

Pictograma dun neno dando unha orde a unha nena.

Definición:

Tempo verbal que se utiliza para indicar, sobre todo, orde, mandato ou súplica.

Exemplo:

Na frase "fai os deberes", "fai" está en imperativo.

Instrución

Pictograma instruciones

Definición:

Son as indicacións que podemos dar ou recibir para o manexo de algo.

Exemplo:

Se queremos que o moble quede ben montado máis nos vale seguir as instrucións da caixa.

Lingua

Pictograma que representa as linguas con varias bandeiras

Definición:

Ten máis dun significado, pero para o tema que estamos a tratar é o código verbal usado polas persoas dunha sociedade. Ademais, conta cunha serie de elementos e regras que a organizan. 

Exemplo:

No mundo fálanse máis de 7000 linguas.

Un cole descontrolado!

O noso centro é unha tolemia! Hai moitas cousas que non están funcionando correctamente. O alumnado non está cómodo na clase, na biblioteca é imposible atopar ningún libro do desordenada que está, as relacións entre compañeiras e compañeiros tampouco son as mellores; ademais pode haber nenas e nenos de varios lugares do mundo e precisamos entendernos mellor. A falta de instrucións claras de como comportarnos neses contextos precisa de solucións. Se o facemos estaremos contribuíndo cos obxectivos 11, 16 e 17 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ODS 2030. Para obter máis información sobre estes obxectivos, podedes consultar a páxina web das Nacións Unidas.


A falta de organización está causando estragos en xeral. 

En que outros lugares da escola pode haber problemas?

Pictograma dunha biblioteca desordenada

Lectura facilitada

O noso cole precisa mellorar.

Hai cousas que non están ben.

O alumnado non está cómodo nas clases.

Na biblioteca, non se pode atopar libros pola desorganización.

As relacións entre compañeiros e compañeiras non son boas.

Necesitamos entendernos mellor.

A falta de organización está causando problemas xerais.

Podemos traballar todas as persoas xuntas para facer melloras.

Estaremos actuando nos obxectivos 11, 16 e 17 dos

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible ODS 2030.

En que outros lugares do cole hai problemas?. 

Precisas dalgunha idea?

Pictograma dunha rapaza cos moscas arredor semellando despistada

Hai xente no colexio moi despistada que non atopa os lugares aos que quere ir.

.

.

Pictograma dus bonecos traballando en grupo

Cando traballamos en grupos sempre nos liamos, non sabemos quen ten que facer cada cousa e incluso chegamos a enfadarnos.

.

.

Pictograma duns bonecos discutindo

Se non explicamos ou entendemos ben as cousas, tamén se poden producir malentendidos ou conflitos.

.

.

Pictograma dun ordenador portátil

O alumnado pasa moitas horas nas pantallas e non sempre fai bo uso delas. 

Que vas aprender mentres escribes?

Nesta unidade chegarás a aprender:

  1. Que son os textos instrutivos.

  2. Que é a identidade e a diversidade lingüística.

  3. Que son as canles de comunicación.

  4. Como mellorar algúns aspectos da túa escrita grazas á aprendizaxe de gramática sobre: o substantivo, acentuación, ditongos...

  5. Que linguas se falan ao teu arredor.

  6. Como crear os teus propios textos instrutivos.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)