Comezades o deseño da vosa receita! A continuación veredes, paso a paso, unha pequena guía que vos axudará a facer e construír as normas de convivencia que precisades na vosa aula. Estades preparados e preparadas?
Nos esquezas a importancia dos ingredientes! Pon un tamaño de fonte que se vexa ben nun color atractivo.
Lectura facilitada
Comezades a deseñar a vosa receita da aula!
A continuación, veredes unha guía paso a paso.
Axudaravos a construír a receita para resolver o problema.
Estades preparadas e preparados?
Non esquezades a importancia dos contidos.
Audio
Comezamos a receita
Agora que xa tedes os vosos ingredientes podedes comezar a elaborar o reto escollido. Comezade por poñerlle un título rechamante.
Escollede un título que axude rapidamente a recoñecer as normas que se recollen na receita. A continuación veredes unha mostra de onde o podedes incluír en función do formato que decidades escoller:
1. Como poñemos o título?
Se decidides realizar a receita co voso portátil, teredes que comezar a deseñalo en LibreOffice Draw. Poderedes incluír un título cun formato predefinido do Draw.
Para iso:
1. Vaite ao menú superior e fai clic nesa letra F que podes ver na imaxe.
2. Aparecerá a Galería de FontWork, escolle o deseño que máis che guste.
3. Fai clic en "Aceptar" cando selecciones o deseño que queres.
4. Para agregar texto fai dobre clic enriba do texto. Poderás editar e escribir o que queiras. Fai clic fóra, en calquera parte do folio, para ver como queda.
5. Se fas clic de novo no texto aparecerán uns cadros ao arredor. Selecciona, por exemplo, un do das esquinas para poder cambiarlle o tamaño ao teu gusto.
2. Onde o colocamos?
Só resta colocar o título no lugar que prefirades do documento.
3. E se o facemos en papel, cartolina... Como poño o título?
Se decidides realizar a receita nun formato físico, nunha cartolina ou papel, seguiredes o mesmo esquema proposto. Escolleredes cores ou rotuladores do voso agrado.
Lectura facilitada
Agora que xa temos os vosos ingredientes.
Podedes comezar a elaborar o reto escollido.
Comezade por poñerlle un título rechamante.
Escollede un título que axude rapidamente
a recoñecer as normas que se recollen na receita.
A continuación verás unha mostra de onde o podedes incluír:
1. Como poñemos o título?
Se decidides realizar a receita co voso portátil
teredes que comezar a deseñalo en LibreOffice Draw.
Poderedes incluír un título cun formato predefinido do Draw.
Para iso:
1. Vaite ao menú superior e fai clic nesa letra F que podes ver na imaxe.
2. Aparecerá a Galería de FontWork, escolle o deseño que máis che guste.
3. Fai clic en "Aceptar" cando selecciones o deseño que queres.
4. Para agregar texto fai dobre clic enriba do texto. Poderás editar e escribir o que queiras. Fai clic, fóra en calquera parte do folio, para ver como queda.
5. Se fas clic de novo no texto aparecerán uns cadros ao arredor. Selecciona, por exemplo, un do das esquinas para poder cambiarlle o tamaño ao teu gusto.
2. Onde o colocamos?
Só resta colocar o título no lugar que prefirades do documento.
3. E se o facemos en papel, cartolina... Como poño o título?
Se decidides realizar a receita nun formato físico, nunha cartolina ou papel, seguiredes o mesmo esquema proposto. Escolleredes cores ou rotuladores do voso agrado.
Os ingredientes
O seguinte punto serán os ingredientes. Pensade en grupo onde queredes colocar os vosos ingredientes, tedes moitas opcións! Lembrade que tedes xa os contidos elaborados noutro ficheiro grazas ao traballado na fase anterior, tedes que telo sempre á vista.
Primeiro:
Teredes que facer clic na icona que ten unha A e unhas barras:
Segundo:
Debuxades un rectángulo onde queirades colocar os ingredientes:
Terceiro:
Facedes clic e escribimos dentro o que queirades:
Cuarto e último:
Poderedes colocar o cadro de texto onde queirades:
Lectura facilitada
O seguinte punto serán os ingredientes.
Pensade en grupo onde queredes
colocar os vosos ingredientes.
Lembrade que tedes xa os contidos
elaborados noutro ficheiro
grazas ao traballado na fase anterior.
Tedes que telos sempre á vista.
Primeiro:
Teredes que clicar na icona
que ten unha A e unhas barras:
Segundo:
Debuxades un rectángulo
onde queirades colocar os ingredientes:
Terceiro:
Facedes clic e escribimos dentro
o que queirades:
Cuarto e último:
Poderedes colocar o cadro de texto onde queirades:
Tempo de elaboración e persoas destinatarias
A nosa receita xa vai collendo sabor e agora imos indicar a quen van dirixidas as normas que imos propoñer e o tempo de duración destas. Este apartado podedes colocalo no recuncho da receita que máis vos guste. Pode estar antes ou despois dos ingredientes.
Duración das normas
Toda norma ou consello para conseguir un bo clima precisa dun tempo determinado para chegar a logralo, pero nunca é un tempo exacto. Pensade e poñédevos de acordo para indicar un tempo aproximado e unha vez se consiga o formulado na receita poderedes dar por concluída a súa elaboración.
Persoas destinatarias
É importante resaltar para quen son estas normas ou consellos que propoñemos. Neste apartado indicarémolo de forma clara. Se as normas van dirixidas a toda a aula, deberán estar nun lugar visible dentro. Se as persoas destinatarias son doutras aulas, por exemplo, poderémolas colocar fóra da aula tendo coidado de que se vexa a quen van dirixidas.
Lectura facilitada
Agora ides indicar
a quen van dirixidas as normas
que ides propoñer
e o tempo de duración destas.
Este apartado podedes colocalo
no recuncho da receita que máis vos guste.
Pode estar antes ou despois dos ingredientes.
Duración das normas
Toda norma ou consello para conseguir
un bo clima precisa dun tempo determinado
para chegar a logralo.
Nunca é un tempo exacto.
Pensade e poñédevos de acordo.
Indicade un tempo aproximado.
Unha vez se consiga o formulado na receita
poderedes dar por concluída a elaboración da receita.
Persoas destinatarias
É importante resaltar para quen son estas normas.
Neste apartado indicarémolo de forma clara.
Se as normas van dirixidas a toda a aula,
deberán estar nun lugar visible.
Se as persoas destinatarias son doutras aulas
poderémolas colocar fóra da aula dando garantía
de que se vexa a quen van dirixidas.
Elaboración
O apartado máis importante, a elaboración. Como toda receita de comida, os pasos que imos realizar na cociña son os que me van permitir obter un prato saboroso ou algo que non se pode comer. Por iso, neste apartado, teremos que deseñar como se van levar a cabo as normas e estratexias para conseguir o noso ansiado clima perfecto.
Norma 1
No seguinte cadro de texto iremos desenvolvendo as nosas normas.
Norma 2
A continuación colocamos a segunda norma:
Norma 3
Por último colocamos o resta das normas:
Lectura facilitada
Os pasos que ides realizar na elaboración
son os que vos van permitir
obter o ansiado clima perfecto.
As normas poderédelas colocar do seguinte xeito:
Norma 1
No seguinte cadro de texto
iremos desenvolvendo as nosas normas.
Norma 2
A continuación colocamos a segunda norma:
Norma 3
Por último colocamos o resta das normas:
As persoas autoras
O último punto que teredes que engadir será o das persoas autoras.
Persoas autoras.
Pode ser boa idea deixar constancia de que persoas fixeron ese manual. Para facelo imos precisar inserir unha caixa de texto.
Lectura facilitada
O último punto que teredes que engadir
será o das persoas autoras.
Persoas autoras.
Pode ser boa idea
deixar constancia de que persoas
fixeron ese manual.
Para facelo imos precisar
inserir unha caixa de texto.
Resultado final
Chegastes ao final da receita, dádelle un revisión a todos os apartados, escollede un lugar axeitado para colgar o voso documento e xa tedes o voso reto completado. Parabéns!
Lectura facilitada
Chegastes ao final da receita.
Dádelle un revisión a todos os apartados.
Escollede un lugar axeitado
para colgar o voso documento.
Xa tedes o voso reto completado.
Parabéns!
Como se avalía o noso reto?
Tede en conta que se vai avaliar como o facedes. Esta rúbrica axudaravos a saber que debedes ter en conta.
Nos vos preocupedes porque na fase seguinte teredes tamén indicacións para facelo perfecto.