1. Que son as regras de ortografía.
As regras de ortografía son aquelas normas que regulan a nosa escritura; estas normas permítennos escribir correctamente. Indícannos cando temos que poñer un punto, unha coma ou cando temos que empregar as maiúsculas e minúsculas. A continuación, veremos unha parte importante delas: a acentuación.
2. Que precisa saber antes de comezar a empregar a acentuación.
Como xa vimos no anterior apartado, para realizar unha correcta acentuación deberemos ter en conta onde se atopa a sílaba tónica da palabra que imos acentuar. Recordade, sílaba tónica no último lugar: palabra aguda; sílaba tónica no penúltimo lugar: palabra grave; e sílaba tónica no antepenúltimo lugar: palabra esdrúxula.
3. Como empregar a acentuación.
Método de uso das regras de acentuación.
Agudas. Son aquelas palabras que a súa sílaba tónica atópase na última posición (camión). Estas palabras levan acento sempre e cando:
- Rematen en vogal: mazá, café, ventá.
- Rematen en -n: camión, común, pantalón.
- Rematen en -ns: almacéns, irmáns, corazóns.
- E non rematen en ditongo decrecente: españois, capitais, ademais.
Graves. Son aquelas palabras que a súa sílaba tónica atópase na penúltima posición (lapis). Estas palabras levan acento sempre e cando:
- Non rematen en vogal, -n, -s ou -ns: réptil, difícil, móbil, bíceps.
Esdrúxulas. Son aquelas palabras que a súa sílaba tónica atópase na antepenúltima posición (sílaba).
- Estas palabras sempre van levar acento gráfico: tónica, Xúpiter, último, máquina.
4. Posibles efectos beneficiosos.
A acentuación é unha das normas ortográficas máis importantes da escritura, os nosos textos poderían perder todo o seu sentido se non as seguimos.
Sabías que existen palabras que se escriben igual pero que non significan o mesmo por culpa do acento? Non é o mesmo un óso do corpo que o animal mamífero oso. Ou unha póla dunha árbore que a pola (galiña).
Como acabamos de ver, sen ela non nos imos comunicar correctamente ou as nosas mensaxes pódense entender mal. Por exemplo, nesta mensaxe, ao non colocar o acento, da lugar a un malentendido: tropecei cunha pola e fíxenme dano na cabeza.
5. Conservación das regras de acentuación.
A continuación imos ver unha serie de consellos ou trucos que nos van axudar a conservar estas regras que acabamos de ver:
- Ter o saudable hábito da lectura.
- Separar as palabras en sílabas.
- Ler en voz alta facendo fincapé na sílaba tónica.
- Clasificar a palabra en aguda, grave e esdrúxula.
- As esdrúxulas sempre se acentúan.
- Recorda o aprendido anteriormente e coloca o acento gráfico se a palabra o precisa.