Como vedes as canles de comunicación son moi importantes para o noso día a día. Utilizámolas constantemente mesturadas, tanto orais como escritas. Para practicalas imos facer unha actividade de traballo individual que despois poñeremos en común co resto de membros do grupo. Deste xeito traballaremos tanto as canles de comunicación escrita como as canles e comunicación oral. Presta moita atención porque esta actividade vaiche axudar a defender ben co teu grupo o reto final. Párate a pensar na lingua ou linguas que sabes falar e entendes. Dedícalle tamén uns minutos a pensar que linguas adoitas pensar, que linguas falan na túa casa ou en que lingua falas coas persoas da aula.
Lectura facilitada
As canles de comunicación son importantes no noso día a día.
Usámolas constantemente, tanto falando como escribindo.
Para practicar, faremos unha actividade individual.
Despois, compartirémola co grupo.
Así traballaremos as canles oral e escrita.
Presta atención á actividade porque che axudará a completar o reto final.
Pensa nas linguas que falas e entendes.
Tamén reflexiona sobre as linguas nas que pensas habitualmente.
Que linguas falan na túa casa?
En que lingua falas coas persoas da aula?
Como escribir un texto
Antes de poñerte a redactar pensa se normalmente repites moitas cousas ao escribir e falar. Bota un ollo a estes conectores para tentar relacionar mellor as cousas. Así non terás unha escrita tan repetitiva. Vas camiño de ser unha persoa profesional da escrita e a exposición.
Facemos unha presentación
Lectura facilitada
Que hai que facer?
Traballo individual:
Reflexionar sobre a lingua.
Escribir o noso traballo.
Preparar a presentación.
Compartir o traballo co grupo.
Avaliar as presentacións do grupo.
Resumir as intervencións de cada persoa do grupo.
Poñer en común os apuntamentos do grupo.
Nota: Podes facer esta actividade aquí ou no teu caderno.
Se non a completas agora, descarga o ficheiro para continuar despois.
Comezamos!
O primeiro paso é identificarte.
Nome e apelidos
Clase
Data de realización
Redacto o meu traballo.
Agora é hora de escribir os teus textos, logo de reflexionar sobre estas cuestións.
Procura que as túas respostas sexan claras para poder expoñelas ao grupo despois.
Cando redactes, presta atención á puntuación, acentuación e coherencia.
Que linguas entendo e sei falar correctamente?
En que lingua penso?
En que lingua soño?
Que me gusta da lingua que falo?
Que linguas se falan na miña casa?
Que outra lingua me gustaría falar e por que?
Preparo a exposición:
É hora de preparar a túa exposición.
Deberás falar durante un minuto e medio aproximadamente .
Que necesitas para a presentación?
Recorda que vas utilizar a comunicación oral para defender o teu texto.
Considera
A quen vas contar?
Usa unha linguaxe axeitada ao contexto.
Tes o teu texto ben organizado?
Preséntate dicindo o teu nome e apelidos e a que clase pertences.
Non esquezas indicar o tema da túa presentación.
Fai unha introdución interesante.
Podes usar apoio visual se fixeches unha presentación.
Termina cunha mensaxe de impacto e agradece a atención.
Abre unha rolda de preguntas.
Consellos durante a presentación:
Interactúa co público, fai preguntas se o necesitas.
Procura falar de xeito natural, sen ler e buscando contacto visual.
O resto do grupo estará atento para dicirche que fixeches ben.
Tamén che dirán en que podes mellorar.
Terás unha rúbrica para saber que avaliar.
Unha vez feitas todas as presentacións, compartide as anotacións de cada un.
Prepara a túa introdución.
Redacta a túa presentación.
Despedida e final.
Preciso algún material?
Resumo cada exposición
Ao final de cada exposición tomade uns minutos para resumir o que vos acaba de contar esa persoa. Podedes facelo detrás da folla de rúbrica indicando o seu nome.
Precisas axuda coa tecnoloxía?
Con estes dous videotitoriais aprenderás a como crear e descargar o teu ficheiro coa información e tamén a como convertelo ao formato Libre Office.
Lembra tamén que se non rematas nunha sesión o teu traballo terás que descargalo para non perder a información e poderás continuar noutra sesión traballando no ficheiro LibreOffice.
Como fago a actividade?
Como gardo e edito en formato LibreOffice Writer?
Lectura facilitada
Con estes videotitoriais aprenderás como
crear e descargar o teu ficheiro coa información.
Tamén a como convertelo ao formato LibreOffice Writer
Se non rematas o teu traballo nunha sesión,
debes descargalo para non perder a información.
Continuarás noutra sesión traballando
no ficheiro do LibreOffice Writer que gardaches.
Rúbrica mesturando canles
Aquí podes descargar a rúbrica para puntuar as exposicións do resto de persoas do grupo. Preme na imaxe.
Lectura facilitada
Descarga a rúbrica para puntuar as exposicións do resto de persoas do grupo.